Casa do Concello
Capital do Viño do Condado do Tea
Benvido a Salvaterra de Miño

CasaDoConcello

A Casa do Concello de Salvaterra de Miño foi inaugurada o 29 de Marzo de 2003 polo entón Presidente da Xunta de Galicia D. Manuel Fraga Iribarne, sendo Alcalde de Salvaterra de Miño, D. Arturo Grandal Vaqueiro.

Datos de interese sobre a Casa do Concello.

  • Comezo obra: 1989.
  • Finalización obra: marzo 2003.
  • Extensión aproximada: 10.000 m2.
  • Arquitecto: José Luis Pereiro.
  • Estilo arquitectónico tradicional (modelo Deputación Provincial Pontevedra).
  • Estrutura:

Soto: almacén e garaxes.

Planta baixa: salón de sesións e actos, información xeral, rexistro, tesourería, recadación, rendas, intervención, informática, policía local.

1ª planta: dependencias de alcaldía, secretaría, servizos sociais, emprego, obras públicas. 

Baixo cuberta: arquivo, cultura, cámara de comercio.

Sistema de intercomunicación interior, aproveitamento luz exterior, salas de espera na maioría dos departamentos.

Peculiar detalle decorativo: pasamáns da escaleira principal: aparecen talladas cepas con acios de uvas brancas.

Datos económicos: construción pola administración + colaboración do INEM, Escola Taller e cursos de formación + subvención Xunta de Galicia.

Investimento municipal: compra de terreos e honorarios a traballadores e técnicos. A Praza foi subvencionada pola Consellería de Política Territorial.

Trátase dunha construcción moderna e con grandes espazos abertos para o disfrute da cidadanía na que podemos destacar a Praza da Contitución, lugar de lecer e faladoiros para os cidadáns.

 

ELEMENTOS QUE FORMAN O NOSO ESCUDO. 

LogoSalvaterra

* O ceo, representado en azul.
* Montañas en faixas, representadas ao natural onde nace o río. Que estéan dispostas en faixas significa que é un elemento que corta o escudo en horizontal, sendo a súa anchura dun terzo do total.
O río, tamén en azul en pau movente. O pau é a peza que divide o escudo en dúas partes. Movente significa que una elementos que sae dun ángulo, punta ou flancos do escudo. O río vai cara a súa desembocadura.
* Na parte dereita, un forte de prata mazonada (representan as xuntas das pedras), terrasada (elementos da cuberta) e donxonada (refírese a que enriba da torre máis grande se levantou unha de menor tamaño). As portas e ventás represéntanse nunha cor distinta, en sabre.
* Na parte esquerda outro forte de prata mazonada e terrasada.
* Presidindo todo o conxunto, unha coroa real pechada.

Os dous fortes representados fan alusión ás prazas de Salvaterra e de Monçao, que como sabemos están separadas polo curso do río Miño.

Diciembre 2024
L M X J V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia