Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria

Educacion 

O Concello de Salvaterra de Miño na súa política de promoción da educación ten implementadas varias medidas e axudas dende o nivel de educación infantil ata o nivel de bacherelato.
 
CentrosEnsino
Biblioteca
 
 
 
 
Ciclos formativos do IES Salvaterra
  • Ciclo Formativo de GRADO MEDIO  en Soldadura e Calderería
  • Ciclo de FP Básica de Carpintaría e moble
 
Premios de educación.
 
 - Convocatoria anual que premia o esforzo dos mellores estudantes.
Toman parte neste concurso o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e dos tres Centros de Educación Primaria de Salvaterra (CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares), establecéndose os seguintes PREMIOS:
    * 14 LOTES informáticos compostos por unha Tablet de última xeración, con funda, memoria e powerbank.
    * 3 BOLSAS DE ESTUDIOS que consistirán nunha viaxe ao Reino Unido co obxecto de perfeccionar a lingua inglesa. Esta viaxe terá unha duración de tres semanas e levaranse a cabo no mes de agosto do ano en curso, con todos os gastos pagos, incluíndo desprazamentos, aloxamento, un curso de inglés, material escolar, tarxeta de trasporte e actividades.
Os lotes informáticos distribúense entre o alumnado con mellor expediente académico de 2º Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeiraría e Soldadura, de FP Básica de Carpintaría e moble, de 4º de ESO e os alumnos de primaria.
As tres bolsas de estudio entre os mellores expedientes de 2º de Bacharelato.
 
Axuda material escolar infantil

- Concurso contra a violencia de xénero : Para conmemorar a celebración do día 8 de marzo, o Concello de Salvaterra de Miño convoca entre os alumnos/as do IES Salvaterra un concurso de eslogans contra a violencia de xénero.
- Concurso letras galegas: Para conmemorar a celebración do día 17 de maio, o Concello de Salvaterra de Miño convoca entre os alumnos/as dos centros educativos de infantil e primaria, un concurso de marcapáxinas.

Programa "lácteos nas aulas"

O Concello de Salvaterra de Miño, a través da Concellería de Educación,  promove unhas xornadas de consumo de lácteos nos Centros Educativos do Municipio para crear hábito entre os nenos e nenas. Máis de 1.100 nenos e nenas dos Colexios de Infantil e Primaria, do Centro Rural Agrupado e do Instituto serán os beneficiarios desta campaña de consumo de lácteos que organiza o Concello de Salvaterra. Un consumo diario ten uns grandes beneficios, polo que con esta campaña  preténdese  promover e crear un hábito de consumo diario deste produto, a través do reparto de iogures líquidos, que cada centro distribúe de acordo co seu programa de actividades.

 

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia