- Noticias
- Axudas e Subvencións
- Avisos
-
10 Mayo 2024 62 Visita(s)
Marcha Ciclista das Letras Galegas
INSCRIPCIÓNS NA PÁXINA: marchaciclista.concellodesalvaterra.com OU ESCANEANDO O CÓDIGO QR: -
-
10 Mayo 2024 35 Visita(s)
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SALVATERRA REFORZA O SEU HORARIO DE CARA ÓS EXAMES
O horario será continuo dende o 14 de maio e ata 5 de xullo para todos os estudantes que preparan os exames de ABAU e fi... -
10 Mayo 2024 30 Visita(s)
DOAZÓN DE SANGUE
-
10 Mayo 2024 39 Visita(s)
MUXICAS TABERNA GAÑA O PRIMEIRO PREMIO Ó MELLOR PINCHO NA I RUTA PINCHOTERRA
A ruta que se celebrou durante o mes de abril rematou con máis de 12.500 pinchos vendidos entre os 26 locais participant... -
06 Mayo 2024 88 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA ORGANIZA UNHA CHARLA PARA ESTUDANTES PARA REDUCIR O ESTRÉS EN ÉPOCA DE EXAMES
O vindeiro luns 20 de maio o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha charla sobre “Como abordar o estrés e a ansied... -
02 Mayo 2024 132 Visita(s)
MÁIS DE 12.500 PINCHOS VENDIDOS DURANTE A I EDICIÓN DE PINCHOTERRA
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número de pinchos elaborados reforzando o seu servi... -
02 Mayo 2024 101 Visita(s)
SALVATERRA MILENARIA CONTARÁ ESTE ANO CUN MERCADO E ACTIVIDADES NO RECINTO AMURALLADO
A programación terá lugar o vindeiro 25 de maio e contará con postos e actividades para nen@s e familias. O vindeiro 24... -
02 Mayo 2024 77 Visita(s)
XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO MUSEO DA CIENCIA DO VIÑO POLO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
O sábado 18 de maio todas aquelas persoas que queiran visitar o museo poderán facelo de forma gratuíta previa inscrición... -
02 Mayo 2024 79 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN TERCEIRO CURSO DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS
Tras o éxito dos anteriores cursos de Manipulación de Alimentos realizados durante o mes de abril e ante a demanda de fo... -
02 Mayo 2024 83 Visita(s)
Obradoiro de Mindfulness para mulleres
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE MINDFULNESS PARA MULLERES O obradoiro levarase a cabo entre os... -
25 Abril 2024 187 Visita(s)
PROPOSTA NOMEAMENTO PARA UNHA PRAZA DE ORDENANZA
Relación de aprobados e proposta de nomeamento. -
25 Abril 2024 121 Visita(s)
O MUSEO DA CIENCIA DO VIÑO ACOLLERÁ DURANTE O MES DE MAIO UNHA EXPOSICIÓN DO ARTESÁN CONSTANTE GONZÁLEZ
Constante González é un artesán da madeira que traballa co torno creando pezas únicas e moi laboriosas. Constante é de S... -
24 Abril 2024 132 Visita(s)
Obras de mellora no campo de fútbol do Oural
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ACOMETERÁ MELLORAS NO CAMPO DE FÚTBOL DE OURAL EN FORNELOS, POR IMPORTE DE MÁIS DE 88.0... -
19 Abril 2024 148 Visita(s)
Trampeo Xeolocalizado contra a vespa Velutina
A XUNTA DE GALICIA INSTALA TRAMPEO XEOLOCALIZADO CONTRA A VESPA VELUTINA A TRAVÉS DUN PLAN PILOTO, DA MAN DE INVESTIGADO... -
17 Abril 2024 226 Visita(s)
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SALVATERRA AMPLÍA O SEU CATÁLOGO COA COMPRA DE MÁIS DE 50 LIBROS
No mes do libro ademais de realizar esta adquisición contaremos con varias actividades: a Biblioteca Viaxeira e a presen... -
-
16 Abril 2024 229 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA LEVA A CABO OBRAS DE MANTEMENTO NA PISCINA MUNICIPAL
Trátase dunha posta a punto das instalacións de cara ó verán, concretamente na zona de vestiarios e que se unen as obras... -
06 Abril 2024 284 Visita(s)
SENTENZA FAVORABLE PARA O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO
A ALCALDESA DE SALVATERRA DE MIÑO VALORA MOI POSITIVAMENTE A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA QUE DA... -
05 Abril 2024 275 Visita(s)
PRESENTACIÓN FESTA DA SEMENTEIRA 2024
Bos días, Dende a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro comprácelles invitalos á presentación da XVI Sementeira e Música... -
04 Abril 2024 251 Visita(s)
AMORTIZACIÓN DE DÉBEDAS CON ENTIDADES FINANCEIRAS
-
03 Abril 2024 284 Visita(s)
ABERTO O PRAZO PARA A FORMACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS PARA A PRAZA DE “CONDUCTOR”
O Diario Oficial da Provincia publicou as bases para a formación dunha bolsa de Emprego para a praza de “Conductor”. O o... -
20 Marzo 2024 309 Visita(s)
PUNTO LIMPO MÓBIL
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INICIA A LICITACIÓN PARA A COMPRA DUN VEHÍCULO 100% ELECTRICO COMO PUNTO LIMPO MÓBIL O... -
13 Diciembre 2023 651 Visita(s)
OS PROXECTOS DE RECUPERACION DE ESPAZO PARA USO PEONIL DA RUA ALTO DA FONTE E NA RUA ALTO DA FORCA
A Deputación de Pontevedra subvencionou a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de senda...
A parroquia de Lira, atravesada polo río Uma, limita ao norte co municipio de Ponteareas, ao sur coas parroquias de Soutolobre e Leirado, ao leste con Vilacova e pola parte occidental coa parroquia de Fornelos e o municipio de Ponteareas.
Existe no monte San Amaro un xacemento arqueolóxico. As condicións naturais do terreo favoreceron a construción de defensas, parapetos e foxos. Na zona meridional abundan restos de cerámicas galaico - romanas e romanas. Entre os fragmentos recollidos destaca unha peza decorada con elementos de sogas delimitada por acanaladuras horizontais, similar a outros restos cerámicos achados na comarca.
Na cima do monte, ao lado da ermida, existe unha agrupación de cazoletas de diferente diámetro. Durante a festa, celebrada o 15 de xaneiro, bótase auga nas pías para despois con ela bendicir os campos.
O folclore relacionado con este lugar é moi variado e rico. Contan os veciños lendas relacionadas con mouros, personaxes da mitoloxía popular. Destaca o referente ás minas de auga tapadas polos campesiños para evitar perder o gando.
Na zona coñecida como Forno da Moura, preto do campo da feira, contan a existencia dun tear de ouro, unha moura peiteando os seus longos cabelos, uns pitos que pían pero que ninguén viu e outros relatos máxicos.
Aparece na doazón de Bermudo II á Igrexa compostelán, como "Liroto".
Nesta parroquia tivo orixe a familia Lira cuxo vínculo señorial fundou Ramón Gil en 152
A extensa familia foi entroncando con outras en distintas partes de Galicia e outras rexións peninsulares.
Actualmente consérvase o Pazo e a estrutura da capela arrasada nun incendio. Este pazo, de pasado castrense, ten planta en escuadra. No vértice de unión levántase a torre de planta cuadrangular.
Segundo o historiador Claudio González, na fonte pública situada nas inmediacións do pazo, emprégase como pía un sarcófago medieval tipo bañeira.
A igrexa parroquial de San Simón, foi construída no século XVIII. Feita en bloques de pedra regular, ten unha planta rectangular coa cabeceira máis estreita e alta. Unicamente presenta una nave central. A austeridade decorativa domina na construción. Os muros laterais aparecen articulados mediante contrafortes.
Existen dúas pequenas capelas, a de San Amaro, xa citada, e a de San Sebastián.
Lira foi famosa polas súas feiras de gando vacún. Este dato figura no Catastro de Ensenada e tamén foi recollido polo ilustrado Lucas Labrada. Esta feira celebrábase todos os días 5 e 18 de cada mes. As feiras foron perdendo peso económico ao tempo que se producía a modernización da agricultura.
Os seguintes lugares compoñen a parroquia de Lira: Alcázar, Bouzas, Bugallal, Cachopal, As Carrasqueiras, Cernadas, Couto, Covaiño, Dicoita, Formarigo, Gaiosa, Outeiro, Pereiras, Pouso, Puzo, e Vilafría.