O servizo é concebido como un Servizo especializado dentro do Departamento de Servizos Sociais e tén a finalidade de prestar unha atención máis específica á aqueles casos que así o requiren. É desenvolto pola Psicóloga-Técnica en Intervención Familiar, responsable dos Programas de intervención sinalados.
As funcións e tarefas principais que nel se levan a cabo son as seguintes:
1.- INTERVENCIÓN FAMILIAR
Atención e apoio ás familias con dificultades; orientación e asesoramento familiar (pautas, normas e límites...); xestión, tramitación e asesoramento respecto de axudas, recursos a nivel familiar (títulos familia numerosa, carnés familiares, axudas prevención....); coordinación cos distintos recursos de atención ás familias (Centros educativos, Centros de Saúde...); tramitación, seguimento e apoio nos acollementos familiares etc.
2.- ATENCIÓN E APOIO PSICOSOCIAL
Atención a colectivos e problemáticas específicas: Muller, Inmigración, Penados (inserción sociolaboral, seguimento no cumprimento de penas...), discapacidades, Violencia de xénero, alcoholismo e outras dependencias...
3.- OUTROS
Derivacións a outros recursos e coordinación cos mesmos; información e asesoramento (niveis: social, psicolóxico, educativo...); tarefas de acompañamento; prevención e intervención na violencia....
As consultas faránse con CITA PREVIA.
Horario para solicitar cita: de luns a venres en horario de 8.30 a 9.30
Tlf de contacto: 986 65 81 26
Ext. 216
e-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.