Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria

Asociación de Comerciantes e Empresarios de Salvaterra de Miño

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Salvaterra de Miño, ACES, nace no ano 2000 e conta na actualidade con 120asociados da localidade. O seu primeiro presidente e socio fundador é Cándido Teijeiro Vega. ACES está vinculada á Federación Provincial de Comercia e á Federación Galega de Comercio. A súa sede social está na Casa de Cultura do Concello de Salvaterra.ACES

Os socios fundadores, ademais do actual presidente, son: Juan Manuel Otero Fernández (vicepresidente), María Isabel Moure Vaqueiro (secretaria), Marcelino Rodríguez Lorenzo, Pilar Garrido Pérez, Daniel Deahora Cruces, María Luisa Santos Martínez, Ángela Ameijeira Céspedes, Emilio Alonso Fontán e Luis Montero Gómez.

Entre os seus fins, ACES busca potenciar o comercio de Salvaterra así como defender os intereses de empresa. Proporciona actividades deformación os seus asociados e canaliza as posibles axudas que ofrecen as institucións. Tamén son do seu interese a sinatura deconvenios que favorezan os socios con entidades públicas e empresas.

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Salvaterra organizacampañas de comercio en coordinación coa Xunta, a Federación  Galega de Comercio e a Federación Provincial. Campaña como “Rasca e Gaña”, Quincenas do Comercio, Nadal e outras.

Para os seus asociados ten conseguido bolsas de axuda, créditos brandos, axudas para sistemas de seguridade e sistemas informáticos, convenios con entidades financieras como Caixanova, Banesto, Mafre ou Telefónica España, entre outros.

Ademais ACES colabora co concello de Salvaterra en actos como a Cabalgata de Reis donando obsequios para os nenos. Entre os clientes do comercio ten mesmo dado premios cosistentes nun coche a compradores dos seus establecementos.

la flecha azul a la izquierda detras de anteriores icono 5726 32

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia