Casa do Concello
Capital do Viño do Condado do Tea
Benvido a Salvaterra de Miño

Limita ao norte coas parroquias de Leirado, Soutolobre e Lourido, ao sur con Fiolledo, ao oeste con Pesqueiras e o leste coa parroquia de Meder.

Corzáns está cuberto de campos de millo salpicados de viñedos. O Río Mendo, de curto curso, atravesa a parroquia desembocando directamente ao Río Miño despois de cruzar Fiolledo e Oleiros, deixando a ambos lados terra de áridos ben aproveitados por industrias afíns.

PortalInquisicionNo solar desta parroquia de rica historia asentáronse importantes personaxes da historia do Condado, como os descendentes de Vasco Ozores, señor de Teáns, e os Barbeito e Padrón. O rei Fernando IV en 1297 entregoulle a Vasco Ozores unha extensa xurisdición, logo dividida entre as xurisdicións de Teáns e Corzáns.

Outro Vasco Ozores destacou na defensa da vila de Salvaterra durante os ataques que sufriu no século XIV a vila por parte dos portugueses.

Un membro da familia Barbeitó y Padrón, Juan e a súa dona Inés Suárez de Puga, instauraron o Vínculo da Casa de Piñerio. Un dos fillos desta parella, Bartolomé, foi colexial de San Clemente en Santiago, Inquisidor do Santo Oficio na mesma cidade no ano 1680 e máis tarde en Pontevedra, Murcia, Valladolid e Madrid. En 1688 fundou unha casa de repouso, para clérigos pobres da familia, e unha escola. Actualmente consérvase a entrada brasonada da propiedade coñecida como Portalón da Inquisición, recentemente restaurada.

O portalón consta de dous corpos, divididos horizontalmente por unha moldura. No inferior sitúase a entrada a través dun arco de medio punto con doelas e na parte superior destacan os tres impoñentes escudos. O central sostén as armas da Inquisición; o da dereita as de Barbeito e Padrón e a esquerda sitúanse as da familia Suárez de Puga.

TorrePetanDo edificio orixinal son escasos os restos que chegaron ós nosos días, pois o actual é produto das sucesivas reformas efectuadas, que mutilaron a maior parte daquel.

Outra construción destacada da parroquia de Corzáns é a Casa Torre de Petán. Nesta casa residían dende o século XVI os Avalle, destacada liñaxe da Comarca. No conxunto desta edificación destacan dous elementos arquitectónicos. Por unha banda o balado de peche, decorado con molduras, pináculos de bola flanqueando o gran escudo, rematado en cruz, e por outra parte a torre, de planta cuadrangular, que na parte superior ten gárgolas de desaugadoiro en forma de canón. No escudo de armas da súa porta figuran os distintivos dos Sarmiento, Ozores, Soutomaior, etc...

Preto da Casa de Petán, na capela do Carme, consérvanse os enterramentos dos señores da casa.Escudo

Esta parroquia, unha das máis importantes e antigas do Concello, chegou incluso a ser capital do mesmo no século XIX.

Burguete, Cacha, Escambroeiro, Feira, Fraga, Inquisición, Lameiro, Monte de arriba, Petán, Quinteiro, Roda, Serralleira, Sueido, Tafona,Taraíño, Torre e Vilanova, son os lugares nos que se divide a parroquia de Corzáns.

A igrexa parroquial de estilo gótico esta moi transformada polas diferentes modificacións e ampliación sufridas. O escultor Amaro Fernández, veciño de San Adrián de Meder, realizou no século XVII o desaparecido retablo maior desta igrexa.

la flecha azul a la izquierda detras de anteriores icono 5726 32  la flecha azul en la parte frontal derecha icono 9306 32

Octubre 2024
L M X J V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia