Limita ao norte coas parroquias de Fornelos e Lira, ao sur con Pesqueiras e Corzáns, ao oeste con Lourido e ao Leste coa parroquia de Leirado.
Como o seu nome indica, foi territorio baldeiro encravado entre pequenos ríos e densos piñeirais. Trátase dunha terra céntrica do municipio, colmada de montes. Dista de Salvaterra parroquia 7 kms. O seu territorio é atravesado por pequenos regatos, como o da Mariñeira e ten como cume máis elevada o Monte Libadouro, de 152 metros de altitude.
Como tantos outros lugares desta bisbarra, Soutolobre foi doado coa súa igrexa e homes no ano 991 polo rei Bermudo II á Igrexa de Compostela.
A Igrexa de Santa Columba de Soutolobre, foi levantada a mediados do século XVIII a expensas do abade D. Alonso Mero e Tabarés en substitución do templo anterior que ademais de mal situado estaba arruinado. A fachada principal non ten motivos decorativos, salvo unha pequena fiestra vidreira rompe a continuidade do conxunto e se ergue enriba da porta principal de entrada.
Soutolobre distribúese nos seguintes barrios: Abelenda, Bos Aires, Os Castros, Figueiral, Galleiro, Outeiriño, e Vales.