1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O CEIP PLURILINGÜE DE LEIRADO, RECOÑECIDO POR DOUS GALARDÓNS AUTONÓMICOS POLO SEU COMPROMISO COA INNOVACIÓN EDUCATIVA E A INCLUSIÓN

O CEIP Plurilingüe de Leirado, situado no concello de Salvaterra de Miño, ven de recibir dous importantes recoñecementos por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que poñen en valor o traballo desenvolvido polo centro no eido da innovación educativa, da competencia lectora e da inclusión.

Por unha banda, o centro foi galardoado no XI Concurso de Traballos por Proxectos, convocado pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa no marco do Plan LIA de Bibliotecas Escolares. O proxecto premiado, titulado “Imos facer historia: aprendendo do pasado, comprendendo o presente e construíndo o futuro!”, foi recoñecido na modalidade de proxectos documentais integrados coordinados desde a biblioteca escolar. Entre os criterios valorados polo xurado destacou especialmente a implicación de toda a comunidade educativa no seu desenvolvemento.

Este premio supón un novo recoñecemento ao deseño e á calidade dos proxectos que se están a levar a cabo no centro, situando ao alumnado nun camiño axeitado para o desenvolvemento dunha sólida competencia lectora e para a adquisición das competencias clave.

Así mesmo, o CEIP Plurilingüe de Leirado foi distinguido cunha Mención de Honra no Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2025. Este galardón recoñece, por segundo ano consecutivo, o esforzo colectivo da comunidade educativa por avanzar cara a unha inclusión efectiva, minimizando barreiras e creando contextos accesibles que garantan a presenza, participación e aprendizaxe de todo o alumnado durante o curso escolar 2024/25.

Desde o centro quérese felicitar e agradecer o traballo do equipo da biblioteca escolar, do profesorado, do persoal non docente, do alumnado, das familias, da ANPA, así como doutras institucións e entidades colaboradoras como o CFR de Vigo, a CAFI, a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, a Inspección Educativa e o Concello de Salvaterra de Miño, entre outras.

O CEIP Plurilingüe de Leirado manifesta a súa vontade de seguir contando coa colaboración de toda a comunidade educativa para continuar desenvolvendo proxectos innovadores e inclusivos que redunden nunha educación de calidade para todo o alumnado.

27 01 26 Galardón CEIP Leirado 127 01 26 Galardón CEIP Leirado 227 01 26 Galardón CEIP Leirado 3

27 01 26 Galardón CEIP Leirado 4

Febrero 2026
L M X J V S D
26 27 28 29 30 31 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 1

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia