A parroquia de Alxén limita con Cabreira polo sur, con Salvaterra polo suroeste, con Salceda polo oeste, polo leste con Pesqueiras e con Nogueira polo Norte.
En 1156 aparece a primeira referencia escrita do territorio de Alxén, aínda que coa denominación de San Paio. O actual territorio da parroquia ampliouse tras a anexión no século XVII da parroquia independente de Santiago de Grixó.
Os seguintes lugares forman esta parroquia: Aldea, Besada, Ceo, Cotodouro, Ervedeiro, Fraga do Rei, Gandarachán, Grixó, Igrexa, Muíños, Pazos Altos, Pazos Baixos, Pombal, Porto, Rabadáns, Souto, Teixugueira e Toucedo.
A igrexa parroquial foi levantada no século XIX, empregando os materiais da anterior que estaba en estado ruinoso. No barrio de Grixó, existe unha capela dedicada ao apóstolo Santiago.