Casa do Concello
Capital do Viño do Condado do Tea
Benvido a Salvaterra de Miño

IglesiaLimita ao norte con Alxén e Cabreira, ao sur con Porto e Caldelas, ao leste cos ríos Tea e Miño e a oeste co concello de Salceda. Ao paso do Miño por esta parroquias prodúcese a desembocadura do Tea na zona da Fillaboa. O río Miño foi de sempre unha importante fonte de recursos para os seus veciños, así, xa en 1451, unha pesqueira de Arantei era propiedade do Bispo de Tui.

No ano 991, na doazón realizada polo rei Bermudo II á igrexa de Santiago, aparece a parroquia de Asantei, primitivo nome de Arantei.

A parroquia de Arantei está constituída polos seguintes lugares: Agrela, Carrilla, Cerdeiriñas, Currás, Igrexa, Laranxeiros, Montiño Muguiña, Novelle, Pedramoura, Praza, Rúa Nova e o Xestal.

En época medieval a igrexa parroquial atopábase enclavada no lugar de Retorta, que dáballe nome á parroquia, trasladándose a súa actual ubicación no ano 1647 en que se inicia a construción do novo templo rematado en 1652.

A actual igrexa parroquial foi construída entre 1792 e 1793 baixo as ordes do arquitecto Felipe Lopo, natural de Santa María de Pías. O custo da obra ascendeu a 28.000 reais.

Trátase dun edificio de perpiaño, de planta rectangular e coa ábsida no mesmo formato, aínda que máis estreito. Na cabeceira ten unha sancristía acorada.

A fachada presenta un fornelo onde se garda a imaxe do patrón e remata con pináculos de bola.PazoSouto

O espazo interior organízase nunha única nave dividida en catro tramos. No teito hai bóvedas de aresta, separadas entre si a través de arcos faxóns lixeiramente apuntados apoiados en semicolumnas. No acceso o presbiterio levántase un arco triunfal.

O pazo do Souto está ligado coa liñaxe militar dos Barros, propietarias de extensas posesións nas comarcas do Condado e do Baixo Miño. Esta familia entroncou a través de distintas alianzas matrimoniais cos Troncoso de Lira.

Dende un punto de vista arquitectónico, preséntase coma un edificio rectangular de perpiaño e cachotaría, cun balado de peche que bordea a estrada. Era unha propiedade fundamentalmente agrícola.

Parroquia eminentemente vinícola, destacan os caldos elaborados dentro da extensísima propiedade coñecida como a Quinta da Fillaboa.

Unha lenda local narra que o conde tiña tres fillas, as dúas maiores menosprezaban a menor, adornada de virtudes que lles causaban envexa e que a fixeron merecedora de recibir en herdanza as "terras fartas da Fillaboa", orixe do topónimo.

PozasEste dominio pertencía ata o século XIX ao conde de Salvaterra, que tiñan nesta Granxa da Fillaboa un dos seus principais centros de control do seus territorios. Esta propiedade pasou logo a mans dos Duques de Híjar, que a vendeu xunto ao Castelo do Sobroso, a Manuel Barcena Franco, primeiro conde de Torrecedeira quen montou unha explotación vinícola. Máis tarde pertenceu a D. Alejandro Barreras. Na actualidade pertence ao grupo Maseveu.

No século XVII, coincidindo coa ocupación portuguesa de Salvaterra,o exército español levantou un forte nas inmediacións da propiedade. Non se conservan restos desta edificación. A finalidade desta atalaia era cortar as comunicacións con Tui.

 la flecha azul a la izquierda detras de anteriores icono 5726 32  la flecha azul en la parte frontal derecha icono 9306 32

Diciembre 2024
L M X J V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia