Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria

IglesiaConstitúe unha das parroquias máis activas do territorio municipal, asentada na zona norte - centro do municipio. Limita ao Norte coa parroquia de Lira, ao Sur coas parroquias de Meder e Corzáns, ao Oeste con Soutolobre e ao Leste co municipio de As Neves.

No Castro da Cidá, no lugar do Medóns, e na costa cara á Serradela, existen vestixios arqueolóxicos con abundantes lendas referentes a mouros e tesouros. O máis coñecido destes relatos conta que unha enorme cobra vixía un enorme tesouro, asustando a xente que se achega ata o monte con intención de roubalo.

Diversos restos do primitivo castro podémolos apreciar neste emprazamento: unha coroa, unha terraza e un profundo foxo. O eixe maior deste castro, orientado NO-SE, mide 124 metros e o menor 70 metros. O foxo ten unha profundidade duns 20 metros e unha anchura de 3 metros.

A primeira referencia escrita que atopamos é na doazón de Bermudo II, o 24 de maio de 991 á Igrexa de Compostela; o seu nome era "Leitarello". Co nome actual figura nos milagres de San Pedro González Telmo, do século XIII, publicados polo Pai Flórez.

En 1599 aparece novamente na documentación, con motivo da unión ao termo de parte da desaparecida parroquia de Santa Cristina de Noveledo, practicamente deshabitada con motivo das pestes que afectaron á zona. En 1612, Gomez Silva Ozores de Sotomayor, da casa de Santo Tomé de Freixeiro (Vigo), tesoureiro da catedral de Tui e inquisidor de Granada, obtivo o beneficio curado de Leirado e os seus anexos, que posteriormente pasan ser propiedade da súa familia. O historiador Ávila y La Cueva descobre a existencia dun mosteiro dos templarios do que nada quedaba a comezos do século XIX.

Os veciños de Leirado repártense nos barrios: Barca, Barral, Betote, Casco, Currás, Chan, Frades, Igrexia, Lameira, Lombeira, Medóns, Outeiro, Pontillón, Porteliña, Pousada, Quimadiña, Sampríns, San Roque, Santa Cristina, Toucedos, e as Vesadiñas.

A igrexa parroquial destaca polo seu monumental campanario que data do século XV. Foi reformada no ano 1882. As labores de reconstrución foron levadas a cabo polo canteiro José Cerviño García, autor do "Cruceiro de Hío". No seu interior existen, esculpidos na pedra, os escudos das diferentes familias que presentaban aos parrocos, a casa de Teáns e de Alcabra.

A parroquia de Leirado era de presentación, dúas veces consecutivas presentaba o marqués de Camarasa e unha o conde de Fefiñáns como posuidor da casa de Teáns.Capilla

San Roque é o patrón da capela exenta construída en 1792. Un pórtico con arco apuntado e torre de espadana, dan paso ao amplo atrio onde se encontra a porta adintelada. No recinto próximo celébranse as festas na honra ao Santo cada 16 de agosto.

A fidalguía galega tamén tivo residencias nesta parroquia, así, no barrio de Currás consérvanse dous escudos, un da familia dos Pereira de Castro e outro dos Muñoz.

la flecha azul a la izquierda detras de anteriores icono 5726 32  la flecha azul en la parte frontal derecha icono 9306 32

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia