Casa do Concello
Apoiando o noso comercio

CapillaA parroquia de Lira, atravesada polo río Uma, limita ao norte co municipio de Ponteareas, ao sur coas parroquias de Soutolobre e Leirado, ao leste con Vilacova e pola parte occidental coa parroquia de Fornelos e o municipio de Ponteareas.

Existe no monte San Amaro un xacemento arqueolóxico. As condicións naturais do terreo favoreceron a construción de defensas, parapetos e foxos. Na zona meridional abundan restos de cerámicas galaico - romanas e romanas. Entre os fragmentos recollidos destaca unha peza decorada con elementos de sogas delimitada por acanaladuras horizontais, similar a outros restos cerámicos achados na comarca.

Na cima do monte, ao lado da ermida, existe unha agrupación de cazoletas de diferente diámetro. Durante a festa, celebrada o 15 de xaneiro, bótase auga nas pías para despois con ela bendicir os campos.

O folclore relacionado con este lugar é moi variado e rico. Contan os veciños lendas relacionadas con mouros, personaxes da mitoloxía popular. Destaca o referente ás minas de auga tapadas polos campesiños para evitar perder o gando.

Na zona coñecida como Forno da Moura, preto do campo da feira, contan a existencia dun tear de ouro, unha moura peiteando os seus longos cabelos, uns pitos que pían pero que ninguén viu e outros relatos máxicos.

Aparece na doazón de Bermudo II á Igrexa compostelán, como "Liroto".

Nesta parroquia tivo orixe a familia Lira cuxo vínculo señorial fundou Ramón Gil en 152

A extensa familia foi entroncando con outras en distintas partes de Galicia e outras rexións peninsulares.

Actualmente consérvase o Pazo e a estrutura da capela arrasada nun incendio. Este pazo, de pasado castrense, ten planta en escuadra. No vértice de unión levántase a torre de planta cuadrangular.Cruceiro

Segundo o historiador Claudio González, na fonte pública situada nas inmediacións do pazo, emprégase como pía un sarcófago medieval tipo bañeira.

A igrexa parroquial de San Simón, foi construída no século XVIII. Feita en bloques de pedra regular, ten unha planta rectangular coa cabeceira máis estreita e alta. Unicamente presenta una nave central. A austeridade decorativa domina na construción. Os muros laterais aparecen articulados mediante contrafortes.

Existen dúas pequenas capelas, a de San Amaro, xa citada, e a de San Sebastián.

Lira foi famosa polas súas feiras de gando vacún. Este dato figura no Catastro de Ensenada e tamén foi recollido polo ilustrado Lucas Labrada. Esta feira celebrábase todos os días 5 e 18 de cada mes. As feiras foron perdendo peso económico ao tempo que se producía a modernización da agricultura.

Os seguintes lugares compoñen a parroquia de Lira: Alcázar, Bouzas, Bugallal, Cachopal, As Carrasqueiras, Cernadas, Couto, Covaiño, Dicoita, Formarigo, Gaiosa, Outeiro, Pereiras, Pouso, Puzo, e Vilafría.

la flecha azul a la izquierda detras de anteriores icono 5726 32  la flecha azul en la parte frontal derecha icono 9306 32

Junio 2021
L M X J V S D
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 1 2 3 4
Inventario
LogoRioNavegable
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORAL
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia