Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria

 

Esta edificación, de dous andares, presentan os muros exteriores e as columnas construídas en pedra granítica e para as bóvedas empregaron ladrillos. A comunicación entre as dúas plantas realízase a través dunha escaleira de caracol dun so eixo, deste xeito evítase o cruce entre as persoas que suban e as que descenden no mesmo intre. No piso inferior existe un pozo.CovasUrraca

Segundo conta a tradición popular existe un pasadizo secreto a localidade de Monçao. Testemuña de amores, paixóns e traizóns entre moradores das dúas beiras do río. 

A capela da Virxe da Oliveira e os escudos borrados da porta da entrada son recordos en pedra da presenza portuguesa.

No ano 1881 chegou o ferrocarril a Salvaterra, converténdose na estación máis próxima a Ponteareas e ao Balneario de Mondariz.

No Dicionario Madoz, de mediados do século XVIII, recóllense informacións sobre os produtos que entran e saen naquel momento pola aduana de Salvaterra. Saen: augardente, arroz, azucra, porcos vivos, ganados vacúns, sardiñas e outros peixes."Entran: Aceite, aceiro, bacallau, barro ordinario, cal, coiros ferro, figos e pasas, lino, pedras de moer, queixo, trapos de fío e vinagre".

Salvaterra conta con infinidade de lugares onde gozar da natureza, nas beiras do río Miño, construíuse un gran paseo e sobresae o Parque de A Canuda.

IglesiaA igrexa parroquial de San Lorenzo levantada no século XIII e ampliada no século XVI era orixinariamente a capela do Castelo. Despois da ocupación portuguesa o Cabido compostelá pediu a Domingo de Andrade que levantase un plano de recoñecemento do estado da fábrica.

Todo o edificio está construído en pedra. Ten planta rectangular e remata nunha cabeceira cadrada lixeiramente máis alta ca nave central. A sancristía sitúase pegada ao ábsida meridional. O espazo interior é unha soa nave con tellado a dúas augas. Ten unha bóveda de canón sobre a cabeceira. O seu interior caracterízase pola sobriedade decorativa. Na actualidade non se conserva ningún resto do retablo mandado realizar en 1691. Preside a igrexa unha magnífica talla do Cristo, que os veciños honran cada segundo domingo de xuño.

No barrio do Casal, preto do solar onde no século XVII ergueron o forte de Santiago de Aytona, levántase o impoñentepazo das Barreiras. Está rodeado dunha extensa finca que na actualidade dedícase a explotación vitivinícola.

 

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia