1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

edusocialDespois da concesión por parte da Xunta de Galicia dunha subvención por un importe de máis de 73.000 euros para levar a cabo un reforzo educativo para menores a través do Departamento de Servizos Sociais durante os anos 2026 e 2027 e a contratación dunha educadora social para a execución das actividades, o Concello de Salvaterra de Miño da inicio a este programa.

A acción que se estenderá ata abril do ano 2027, está deseñada especificamente para intervir con menores que presenten factores de vulnerabilidade social que dificulten o seu éxito educativo ou a súa integración. Desta forma, o programa non só busca o éxito académico, senón unha intervención integral que traballe a vertente social e educativa de xeito conxunto.

A intervención, liderada pola Educadora Social, constará de tres momentos clave ata o fin do programa: a posta en marcha que comeza inmediatamente, o grupos de repaso para a época estival con especial atención a alumnado con materias pendentes e repetidor e o inicio do novo curso onde se realizará unha planificación e reestructuración de grupos.

Como recursos adicionais e que garanten a igualdade de oportunidades, o programa tamén inclúe transporte gratuíto para os que residan fóra dos casco urbano e con dificultades de desprazamento; ademais de apoio técnico especializado para aquelas necesidades educativas concretas en materias máis técnicas cunha derivación a unha academia especializada.

Mayo 2026
L M X J V S D
27 28 29 30 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia