Entre as parroquias de Lourido, Fornelos, Salvaterra, Corzáns e o río Tea encádrase a parroquia de Pesqueiras.
No monte castelo, encóntrase enclavada a ermida da Asunción. Nas súas inmediacións recolléronse numerosos restos castrexos. Restos cerámicos, tégulas e ánforas na súa maioría.
A capela da Asunción está escavada nunha enorme rocha granítica. Acédese ao seu interior mediante un pórtico de pedra con arco de medio punto e torre, datados no século XVIII. Dende este privilexiado enclave divísase unha magnífica panorámica do Val do Tea. A festividade celébrase o día da Ascensión, corenta días despois da Pascua. Ávila y la Cueva fai referencia a un Castelo nas inmediacións do monte dese mesmo nome, do que non se conserva ningún resto.
No ano 991, o seu territorio foi doado xunto con outras entidades veciñas polo rei Bermudo II a Igrexa de Compostela. No documento real figura co nome de Piscarias.
O Peto do Rial maniféstase como un elemento representativo da arte popular nesta parroquia. A súa estrutura é a seguinte: sobre un pedestal de pedra descansa unha fornelo enmarcada por columnas; no seu interior represéntanse as ánimas do Purgatorio en actitude suplicante. A Virxe do Carme aparece intercedendo por elas.
A parroquia de Pesqueiras está formada polos seguintes barrios: Alboeiro, Coruxo, Chan da Igrexa, Fernal, Fontearcade, Gallamonde, Gandarela, Outeriño , Rial , Ruxiago e Salcide.