Casa do Concello
Capital do Viño do Condado do Tea
Benvido a Salvaterra de Miño

Pegada aos concellos de Tui e Salceda, limitando con Arantei e separada de Portugal polo río Miño, encóntrase a parroquia de Porto.

Os veciños aproveitan os recursos proporcionados polo río, fundamentalmente coa pesca de diferentes especies, tales como a lamprea e o salmón. Neste tramo do río existía unha barca de paso, mencionada nun foro en 1516 co nome de Redonda, Arredonda ou Gedán. Era propiedade do Cabido da Catedral de Tui, citándose os límites da súa actuación: "desde sabrreygo do Arneiro que parte co alfoz de Salvaterra fasta o regato que ven da fonte do Porto".

IglesiaEsta barca mantense no tempo. A mediados do século XVIII recóllese información dunha barca de paso á localidade de Lapela. A metade galega pertencía a Encomenda de Beade e a outra a Cámara Municipal de Monçao que a tiña aforada á Casa de "Piedradeagua", dos Araúxo e Soutomaior, señores de Parderrubias. Transportaban pasaxeiros, carros de peixe e cabalerías.

No monte Mirón, que algúns estudosos derivan do rei suevo Miro que reinou no século VI, localizáronse vestixios dun asentamento suevo.

Enfronte, na beira portuguesa do río, érguese a torre de Lapela, polo que nos momentos de conflito entre as coroas castelás e portuguesas Porto foi un lugar estratéxico. No século XVII construíronse unhas atalaias defensivasdas que na actualidade non se conservan restos.Cruceiro

Ata o segundo terzo do século XIX Porto pertenceu a Encomenda de Santa María de Beade (Ribadavia), que estaba baixo o dominio dos cabaleiros da Orden de Malta.

Cando se produce o reparto dos concellos no século XIX, os veciños de Porto presentan unha reclamación para segregarse do concello de Salvaterra e unirse ao de Salceda. Afirman que a distancia existente dende a súa parroquia hasta o centro de Salvaterra e moito maior que a Salceda e para ir ata Salvaterra debían cruzar a ponte da Fillaboa, que nos meses de inverno está en moitas ocasións intransitable. Tras consultar con todas as partes implicadas, non se concede a petición dos veciños.

Tradicionalmente asóciase a parroquia de Porto co cultivo de viñedo, pois os seus solos son idóneos para o desenvolvemento deste cultivo. Existe un dito popular " o viño de Porto quita o mal do corpo", que reflicte a calidade dos seus caldos.

Rodeado de terras bañadas polo Miño, cunha gran extensión de terras ao redor dedicadas fundamentalmente o cultivo vitivinícola e en fronte da torre de Lapela, levántase o pazo de San Mauro. No edificio construído en pedra consérvanse varios escudos de armas dos Pereira de Castro, que tiñan aquí a súa morada principal, xunto aos Lobato, Araúxo ou Bacelar.

A parroquia de Porto está formada polos barrios de Amiles, Barca, Barreiros, Coto, Espedrigada, Igrexia, Lambás, Mirón, Picaraña, Pombal, Porto de Abaixo, Praza, e Sobral.

Dentro da arte popular destaca o Cruceiro de Porto, situado nas proximidades da igrexa parroquial. A súa peculiaridade máis destacada é que ten un cerre valado e consta dun pedestal dun so corpo. No fuste dispóñense dúas imaxes marianas sobre nubes. O capitel presenta decoración de follas de acanto e volutas resaltadas. O conxunto culmina na cruz coa imaxe de Cristo crucificado e cun Ánxelo portando o cáliz. Este cruceiro é obra do obradoiro dos Quinteiro, en Ponteareas.

la flecha azul a la izquierda detras de anteriores icono 5726 32  la flecha azul en la parte frontal derecha icono 9306 32

 

Octubre 2024
L M X J V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia