1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Concello de Salvaterra de Miño acollerá a partir do mércores 4 de febreiro a exposición fotográfica "Fauna esencial", unha viaxe pola beleza e a fraxilidade das especies máis representativas do noso medio natural. Todo grazas á colaboración entre o Concello de Salvaterra de Miño, ABANCA e Afundación.

A exposición tamén forma parte do programa social "Cultura pola Alimentación", organizado en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, que anima aos visitantes a levar alimentos non perecedoiros ao banco de alimentos. Esta exposición poderá visitarse ata o vindeiro 6 de marzo, de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas no hall do Concello.

Afundación, a rama de acción social de ABANCA, presenta esta exposición como unha chamada á acción e á reflexión, fomentando o aprecio pola diversidade da fauna salvaxe, o recoñecemento da súa importancia para a sustentabilidade do noso planeta e o compromiso coa súa conservación.

Nun mundo cada vez máis consciente da necesidade de preservar o medio ambiente, "Fauna Esencial" inspíranos a valorar e respectar as especies da nosa contorna, garantindo así un futuro máis harmonioso e equilibrado para todas as formas de vida na Terra.

fauna

Febrero 2026
L M X J V S D
26 27 28 29 30 31 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 1

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia