1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O obradoiro levarase a cabo durante o mes de abril e maio no Salón de Plenos Casa do Concello.

O Concello de Salvaterra de Miño que ven de organizar o seminario de autoproteción feminina durante o mes de marzo, continúa coa programación de actividades para mulleres dentro das accións planificadas pola Concellería de Igualdade e enmarcadas na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

Nesta ocasión presenta un obradoiro de autonomía e autocoidado dirixido a mulleres no cal o obxectivo é aumentar o benestar integral, a educación en saúde e fortalecemento da autonomía persoal a través do obradoiro e a intelixencia emocional con formación, exercicios e dinámicas.

O obradoiro ten uns obxectivos xerais de promover o benestar integral a través do autocoñecemento corporal, a educación en saúde e o fortalecemento da autonomía persoal como ferramenta de prevención de violencia de xénero.

Estará baseado en 4 sesións as cales son:

     Sesión 1: Exercicios e saúde. Conexión co corpo e benestar.

     Sesión 2: Hábitos saudables autocoidado. Sesión 3: So pélvico e coñecemeto corporal

     Sesión 4: Sexualidade, autoestima e relacións saudables.

O curso que se levará a cabo os sábados 18, 25 de abril e 16 e 23 do mes de maio en horario de 10:00 a 12:00 horas no Salón de Plenos Casa do Concello é gratuíto. Para apuntarse aquelas mulleres interesadas poderán facelo no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben no teléfono 617 18 91 67.

Cartel Obradoiro AutocObradoiro Mindfulness

Abril 2026
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia