- Noticias
- Axudas e Subvencións
- Avisos
-
20 Enero 2025 3125 Visita(s)
RECTIFICACIÓN INVENTARIO CONCELLO DE SALVATERRA
INVENTARIO ACTUALIAZADO -
06 Febrero 2026 40 Visita(s)
PECHE DAS TERMAS TEMPORALMENTE
AS TERMAS PERMANECERÁN PECHADAS ATA NOVO AVISO POR TEMPORAL. DISCULPEN AS MOLESTIAS. -
03 Febrero 2026 67 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ACOLLE A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL” DE AFUNDACIÓN
O Concello de Salvaterra de Miño acollerá a partir do mércores 4 de febreiro a exposición fotográfica "Fauna esencial",... -
02 Febrero 2026 68 Visita(s)
DOUS GALARDÓNS PARA O CEIP DE LEIRADO
O CEIP PLURILINGÜE DE LEIRADO, RECOÑECIDO POR DOUS GALARDÓNS AUTONÓMICOS POLO SEU COMPROMISO COA INNOVACIÓN EDUCATIVA E... -
21 Enero 2026 179 Visita(s)
REMATADA A PAVIMENTACIÓN EN ALDEA E COTODOURO
REMATADA A PAVIMENTACIÓN EN ALDEA E COTODOURO NA PARROQUIA DE ALXÉN, OBRAS ENMARCADAS DENTRO DO PLAN CAMIÑA RURAL 2025-... -
19 Enero 2026 209 Visita(s)
ARRANCA O 6º CICLO DE CINE DE INVERNO EN SALVATERRA DE MIÑO
Dende a Concellería de Cultura preséntase a 6ª edición do Ciclo Cine de Inverno que se celebrará durante o vindeiro mes... -
16 Enero 2026 342 Visita(s)
ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO ENTERRO DA LAMPREA 2026
O Concello de Salvaterra de Miño anuncia que dende este luns 19 de xaneiro e ata o 2 de febreiro todos aqueles que queir... -
16 Enero 2026 174 Visita(s)
1ª REUNIÓN COA EMPRESA DE XESTIÓN DE AUGAS
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO MANTÉN A PRIMEIRA REUNIÓN DE TRABALLO COA EMPRESA ADXUDICATARIA DO SERVIZO DE APOIO Á D... -
13 Enero 2026 339 Visita(s)
A ASOCIACIÓN QUINTA DO PIÑEIRO ORGANIZA O DÍA 25 DE XANEIRO UN GRAN COCIDO NA CASA CULTURAL DE CORZÁNS
Un ano mais a Asociación cultural quinta do Piñeiro organiza o seu tradicional cocido que terá lugar o día 25 de xaneiro... -
18 Diciembre 2025 361 Visita(s)
O PASADO MARTES INICIÁBANSE OS TRABALLOS DE PINTADO DUN MURAL NO MURO DE ENTRADA DO IES SALVATERRA
Esta idea nace do equipo directivo co fin de mellorar a estética do centro, un proxecto no que colabora o Concello de Sa... -
16 Diciembre 2025 343 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO RENOVARÁ AS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN CÁNDIDO CARRERA
O Concello de Salvaterra de Miño ven de solicitar a través do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da D... -
12 Diciembre 2025 340 Visita(s)
INICIANSE AS OBRAS NO PARQUE DA CASA DE CULTURA DE SALVATERRA DE MIÑO
O Concello de Salvaterra de Miño inicia as obras de reforma integral do Parque Público da Casa de Cultura de Salvaterra,... -
09 Diciembre 2025 363 Visita(s)
EN LICITACIÓN POR MÁIS DE 353.000 EUROS O NOVO PLAN DE PAVIMENTACIÓN DE VIAIS MUNICIPAIS NO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO
O Concello de Salvaterra de Miño ven de publicar na Plataforma de Contratación do Estado unha nova licitación para a pav... -
02 Diciembre 2025 544 Visita(s)
“TOLERANCIA CERO, AMOR CEN” FOI O LEMA GAÑADOR DO XV CONCURSO DE SLOGANS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A iniciativa organizada polo Concello de Salvaterra en colaboración co IES Salvaterra de Miño contou coa participación d... -
01 Diciembre 2025 485 Visita(s)
EN EXECUCIÓN AS OBRAS ENMARCADAS DENTRO DO PLAN CAMIÑA RURAL 2025-2026
O Concello de Salvaterra de Miño inicia as obras enmarcadas dentro da anualidade 2025 do Plan Camiña Rural para a mellor... -
14 Noviembre 2025 601 Visita(s)
PROGRAMA DUS 5000
Programa de ayudas para inversiones a proyectos singulares locales de energía limpia en municipios de reto demográfico (... -
-
16 Mayo 2025 1145 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA PRESENTA O CAMPUS DE CONCILIACIÓN DE VERÁN
Actividade dirixida ós nenos e nenas nados entre o 2013 e o 2021 que se realizará no CEIP Plurilingüe Infante Felipe de... -
14 Mayo 2025 1329 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO LICITA MÁIS DE 400.000 EUROS EN OBRAS PARA MELLORAR OS ESPAZOS PARA A INFANCIA
O Concello de Salvaterra de Miño acaba de publicar na plataforma de Contratación do Estado a licitación de dúas obras es... -
13 Noviembre 2024 748 Visita(s)
CONTINÚAN OS TRABALLOS DE SUBSTITUCIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO A LED NAS NOSAS PARROQUIAS
Nestas semanas cambiáronse en Soutolobre 98 luminarias de viais e 1 proxector; 249 luminarias de viais, 9 proxectores e... -
09 Octubre 2024 1202 Visita(s)
SEGUIMOS AVANZANDO NO CAMBIO A LED NAS NOSAS PARROQUIAS, CON MÁIS DE 705 PUNTOS DE LUZ CAMBIADOS
Estes días rematouse o cambio a led na parroquia de Lira, conde se cambiaron 205 luminarias de viais, 2 farolas ornament... -
22 Agosto 2023 1996 Visita(s)
CONCEDIDOS MÁIS DE DOUS MILLÓNS DE EUROS PARA O CAMBIO A LED NAS PARROQUIAS DE SALVATERRA DE MÑO
Con este proxecto actuarase nas 5.000 luminarias existentes e renovaranse 75 cadros de mando. O Ministerio para a Transi...
A parroquia de Lira, atravesada polo río Uma, limita ao norte co municipio de Ponteareas, ao sur coas parroquias de Soutolobre e Leirado, ao leste con Vilacova e pola parte occidental coa parroquia de Fornelos e o municipio de Ponteareas.
Existe no monte San Amaro un xacemento arqueolóxico. As condicións naturais do terreo favoreceron a construción de defensas, parapetos e foxos. Na zona meridional abundan restos de cerámicas galaico - romanas e romanas. Entre os fragmentos recollidos destaca unha peza decorada con elementos de sogas delimitada por acanaladuras horizontais, similar a outros restos cerámicos achados na comarca.
Na cima do monte, ao lado da ermida, existe unha agrupación de cazoletas de diferente diámetro. Durante a festa, celebrada o 15 de xaneiro, bótase auga nas pías para despois con ela bendicir os campos.
O folclore relacionado con este lugar é moi variado e rico. Contan os veciños lendas relacionadas con mouros, personaxes da mitoloxía popular. Destaca o referente ás minas de auga tapadas polos campesiños para evitar perder o gando.
Na zona coñecida como Forno da Moura, preto do campo da feira, contan a existencia dun tear de ouro, unha moura peiteando os seus longos cabelos, uns pitos que pían pero que ninguén viu e outros relatos máxicos.
Aparece na doazón de Bermudo II á Igrexa compostelán, como "Liroto".
Nesta parroquia tivo orixe a familia Lira cuxo vínculo señorial fundou Ramón Gil en 152
A extensa familia foi entroncando con outras en distintas partes de Galicia e outras rexións peninsulares.
Actualmente consérvase o Pazo e a estrutura da capela arrasada nun incendio. Este pazo, de pasado castrense, ten planta en escuadra. No vértice de unión levántase a torre de planta cuadrangular.
Segundo o historiador Claudio González, na fonte pública situada nas inmediacións do pazo, emprégase como pía un sarcófago medieval tipo bañeira.
A igrexa parroquial de San Simón, foi construída no século XVIII. Feita en bloques de pedra regular, ten unha planta rectangular coa cabeceira máis estreita e alta. Unicamente presenta una nave central. A austeridade decorativa domina na construción. Os muros laterais aparecen articulados mediante contrafortes.
Existen dúas pequenas capelas, a de San Amaro, xa citada, e a de San Sebastián.
Lira foi famosa polas súas feiras de gando vacún. Este dato figura no Catastro de Ensenada e tamén foi recollido polo ilustrado Lucas Labrada. Esta feira celebrábase todos os días 5 e 18 de cada mes. As feiras foron perdendo peso económico ao tempo que se producía a modernización da agricultura.
Os seguintes lugares compoñen a parroquia de Lira: Alcázar, Bouzas, Bugallal, Cachopal, As Carrasqueiras, Cernadas, Couto, Covaiño, Dicoita, Formarigo, Gaiosa, Outeiro, Pereiras, Pouso, Puzo, e Vilafría.


























