
Mesas de ping-pong, de xadrez todo o que poidas imaxinar busca un lugar no que mostrar para que ao final sexas ti o que elixas onde gozar do teu tempo.O complexo conta con parque infantil e de adultos, circuíto de bicicletas, lago, anfiteatro, xardíns, zonas de interese etnográfico e agrícola, aseos, fontes, piscinas, canchas e ata un magnífico paseo a beiras do Miño para peóns e bicicletas. Río abaixo poderemos seguir o fermoso paseo de madeira e terra que nun futuro próximo conectará por unha ponte de madeira coa Illa Fluvial da Fillaboa.


Trátase dun parque en continua trasformación e novos proxectos que nel van nacendo e fraguándose, como é o caso do novo gran xardín de Orquídeas ou o novo acuario con todas as especies do río Miño.
Á beira do río Miño podemos gozar dun longo paseo, e achegarnos ata a zona onde estan as pistas de fútbol, baloncesto ou tenis. Conta con carril para bicis para que os nosos fillos gocen coas súas pedaladas, e os máis pequenos aínda non tan hábiles, contan cunha pista na que as súas pedaladas polo asfalto e guiadas por semáforos sexan instructivas e entretidas.


