Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

PazoLiraAntiguoGarcía de Lira (fillo de García Bermúdez, froito a súa vez das relacións que o conde Bermudo Pérez de Traba mantivo con Godina del Mato), é o primeiro personaxe do apelido Lira do cal se teñen novas.

Durante xeracións non se apartaría este apelido da importante casa solar de Lira, unha das máis nomeadas e con ramificacións por toda Galicia, e chegando incluso a Chile, onde se instalou unha rama desgaxada do toro principal, probablemente buscando mellor fortuna tralos reveses sufridos pola familia como consecuencia das desavenenzas existentes con Portugal no século XVII.Escudo

A historia da casa correu paralela á polémica suscitada a partires dos dous fillos maiores de Diego López de Lira, “el Viejo”, chamados Juan Francisco e Rodrigo Troncoso de Lira, os cales se facían chamar "señores de Lira", como o farían os seus sucesores, o que indica que a titularidade da casa se atopaba dividida en dúas porcións.

Dada a súa antiguedade, o edificio actual é consecuencia das sucesivas transformacións e reformas acometidas en distintas épocas polos seus propietarios con obxecto de ir adaptándoo ás necesidades de cada momento.

CapillaO Pazo de Lira presenta planta en "L". Ten unha torre no ángulo, con planta cadrada e cuberta a catro vertentes. Unha edificación anexa, por un lateral, completa o conxunto cun formato en "U". A torre, con gárgolas e rematada con ameas, está brasonada con dous escudos de armas, e debe recoñecerse como a parte máis antiga do pazo a partir da cal naceu a vivenda anexa.

A carón da torre topamos unha capela tamén brasonada cun escudete situado sobre o lintel da porta frontal. Fáltalle a teitume, aínda que as súas paredes, ben labradas, se manteñen firmes. No interior, a ámbolos dous lados do altar, pode lerse unha inscrición gravada na parede, alusiva ós seus fundadores.PazoLira

As armas dos Troncoso e Soutomayor están representadas na Capela. O modesto portalón da entrada presenta un escudete de pedra, moi erosionado, no que se aprecian os escaques dos Sotomayor. O escudo esquerdo da torre mostra as armas dos Lira, mentras que no da dereita dispóñense as dos Pereira, Troncoso de Lira e Soutomaior, Castro e Correa.

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia