Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

PortadaCovas

 

CovasUrracaA Raiña leonesa Dona Urraca habitaba no castelo medieval de Salvaterra de Miño. Un castelo con un amplio espazo con forma de “L” composto de dous pisos e unha terraza superior.

As Covas pertencían ó antigo Palacio dos Condes, e a súa autoría débese con toda seguridade ó enxeñeiro francés Carlos de Lessar, ó igual que a fortificación da vila.Sala

Esta edificiación de dous andares, presentan os mujros exteriores e as columnas construídas en pedra granítica e para as bóvedas empregaron ladrillos.

É un dos edificios que menos alteracións constructivas sufriu co paso dos anos, tendo, en consecuencia, gran poder de atracción.

VentanaExteriorOs pisos inferiores, onde se atopan as covas, son parellos visualmente, mediante pedra granítica, onde se levanta unha serie de bóvedas de aristas, cos seus arcos de medio punto e os seus teitos realizados a base de tiras de ladrillo. Un conxunto cerrado por paredes de sillería, con troneras abociadas.

EscaleirasInterioresTrátase dun espazo totalmente circular e cerrado cunha bóveda semicircular, que se coñece como “o vestidor de Dona Urraca”.

No interior aínda se pode contemplar unha curiosa escaleira dobre de caracol de dobre rampra, exemplar único no país, que comunica dúas amplas estancias abovedadas. Deste xeito evítase o cruce entre as persoas que suban e as que descenden no mesmo intre.

No piso inferior existe un pozo, que segundo conta a tradición popular, existe un pasadizo secreto a localidade de Monçao, testemuña de amores, paixóns e traizóns entre moradores das dúas beiras do río.

 

 

 

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia