Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

IglesiaA igrexa de San Lourenzo, construída en 1580 é a igrexa máis lonxeva de todas as parroquias de Salvaterra de Miño. Cuxa fachada destaca pola entrada composta por dúas columnas, un friso e un frontón (sobre o que hay unha pequena escultura de San Lourenzo).

A súa estrutura orixinal románica é do século XIII pero tres séculos despois foi ampliada con claro estilo renacentista. Outrora era a capela do castelo de Salvaterra, pasando a ser máis tarde igrexa parroquial.

De orixe románico, destaca a súa fachada coa súa portada coas súas dúas columnas, friso e frontón.SanLorenzo

Entre as súas características destaca: a porta principal que está enmarcada por medio dun arco de medio punto formado por dovelas.

Por encima do frontón coa figura de San Lorenzo e rematando a fachada principal veremos unha espadana con tres campás repartidas en dous pisos. No interior destacar a talla do Santísimo Cristo da Vitoria do ano 1733 e o retablo da capela maior de finais do século XVII. 

RestosCementerioO nome do Cristo da Vitoria ven dado a que serviu de homenaxe a victoria sobre os portugueses na conquista da vila. 

En 2008 a igrexa foi froito dunha restauración que eliminou as pintadas que algún energúmeno sen escrúpulos pintou sobre os vellos muros desta igrexa.

NecrópolisNa actualidade, a praza da igrexa atópase totalmente empedrada para non romper a estética de toda a arquitectura do entorno, pero no seu momento, leváronse a cabo tarefas de arqueoloxía dando como resultado o descubrimento de vellas estruturas amuralladas e unha necrópole, as cales se poden apreciar nas fotografías que se amosan.

 

 

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia