Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

EntradaA orixe da familia noble que fundou esta casa son os Sarmiento de Valladares, que foron os rexidores militares durante varias xeneracións da vila de Salvaterra.

Entre eles destacamos a Jácome Sarmiento de Valladares III, que sendo maestre de campo de infantería foi nomeado polo Rei gobernador da praza de Salvaterra en tempos da guerra contra Portugal. A él se debe a restauración do pazo en 1677, xa que fora destruido anos antes polo exército portugués cando invadiu a vila en 1642. Unha inscrición practicada baixo un dos escudos situados na parede do patio da casa marca a orixe da historia moderna do pazo das Barreiras:

"EL S.D. IACOME SARMIENTO DE BALLADARES MRE. DE CAMPO DE INFANTERIA HESPAÑOLA GOVERNADOR POR SV MAGESTAD DE LA PLAZA DE SALVATIERRA Y CABO DE LAS MILICIAS DE SV DISTRITO REEDIFICO ESTA CASA AÑO DE 1677 ARUINADA POR EL PORTUGVES AÑO DE 1642 ESTANDO EN SALVATERRA EN 15 DE AGOSTO DE DICHO AÑO Y RECVPERADA EN EL AÑO DE 1659"

Os últimos descendentes da casa foron homes de letras que entrelazaron vínculos con outras casas importantes da provincia.

O pazo foi construido coa pedra da derruida atalaia de Santiago de Aytona, e tras esta primeira reconstrucción volveu ser rehabilitada xa no ano 1979. Finalmente, pasando posteriormente a convertirse na sede da adega Señorío de Lazoiro en 1996.Foto1

Do pasado militar do pazo conservanse as antigas cabaleirizas e as troneiras de los muros defensivos.

Destaca o seu portalón almenado e blasonado que da paso a un acolledor patio onde destacan o pozo, a escalinata de pedra que ascende ata o patio blasonado e a cuberta sostenida por columnas de sección cuadrada. Todo o pazo está nun estado de conservación moi bo.

PazoO pazo conta con tres escudos. Dous deles están situados na solaina e fan referencia ós abuelos e pais de Jácome III. As linaxes Sarmiento, Valladares, Castro e Lobato figuran no escudo da esquerda, mentras que no da dereita aparecen reflexados os Suárez, Araújo, Sotelo e Salgado. Baixo o escudo da dereita está a inscrición comentada antes.

O terceiro escudo é o que se topa no portalón de entrada. Feito en 1777, en tempos de Francisco Antonio Carballido y Sarmiento, relixioso e descendente da casa, este escudo de grandes dimensións recolle 14 linaxes distintas que fan referencia ós antepasados do pazo.

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia