- Noticias
- Axudas e Subvencións
- Avisos
-
20 Enero 2025 3861 Visita(s)
RECTIFICACIÓN INVENTARIO CONCELLO DE SALVATERRA
INVENTARIO ACTUALIAZADO -
07 Abril 2026 77 Visita(s)
MÁIS DE 5000 PINCHOS SERVIDOS NOS DOUS PRIMEIROS DÍAS DA III RUTA PINCHOTERRA
O inicio da ruta foi todo un éxito coa visita dun gran número de persoas que chegaron tamén dende outros puntos da provi... -
01 Abril 2026 122 Visita(s)
AFAGA E O CONCELLO DE SALVATERRA PRESENTAN O PROGRAMA “CULTIVA A MENTE”
O Concello de Salvaterra de Miño e AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias) poñen en... -
30 Marzo 2026 141 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO TERÁ UN ESPAZO PARA O RECORDO DA FIGURA DE DON JUAN LUÍS VILLALÓN RÍOS
O grupo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño ven de levar ao Pleno da Corporación a proposta de Alcaldía para no... -
30 Marzo 2026 191 Visita(s)
Presentación Sementeira 2026
O pasado venres 27 de marzo a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro organizadora da festa da sementeira e música, presen... -
25 Marzo 2026 160 Visita(s)
LIÑA DE INVERSIÓNS DO PLAN + PROVINCIA 2026
A XUNTA DE GOBERNO LOCAL CELEBRADA O PASADO 20 DE MARZO APROBA O ÚLTIMO PROXECTO ENMARCADO DENTRO DA LIÑA DE INVERSIÓNS... -
24 Marzo 2026 218 Visita(s)
ARRANCA A TERCEIRA RUTA PINCHOTERRA
O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración co sector hostaleiro local, xa o ten todo preparado para a celebración... -
24 Marzo 2026 176 Visita(s)
SALVATERRA ACOLLE O VÍA CRUCIS O PRÓXIMO 29 DE MARZO
Por quinto ano consecutivo un grupo de veciños e veciñas de Salvaterra de Miño e As Neves recrean o vía Crucis vivente n... -
23 Marzo 2026 250 Visita(s)
PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Aviso para asociacións veciñais En materia de prevención de incendios. Trala adhesión do Concello de Salvaterra de Miño... -
23 Marzo 2026 181 Visita(s)
LUZ VERDE PARA A MELLORA DO ENTORNO DA CAPELA DE SAN ROQUE NA PARROQUIA DE LEIRADO
A Deputación de Pontevedra ven de confirmar os proxectos financiados a través do II Plan Extra, un plan que financia obr... -
23 Marzo 2026 238 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO E A ASOCIACIÓN PROVIVIENDA FORMAN UNHA ALIANZA PARA DESENVOLVER O PROGRAMA “TERRAS VIVAS”
O Concello de Salvaterra de Miño e a Asociación Provivienda colaboran no desenvolvemento do programa “TERRAS VIVAS: Cami... -
23 Marzo 2026 193 Visita(s)
O EQUIPO DO IES SALVATERRA DE MIÑO PROCLÁMASE GAÑADOR DA III OLIMPÍADA EUROPEA DE GALICIA
O equipo do IES Salvaterra de Miño vén de acadar un destacado éxito ao proclamarse gañador da III Olimpíada Europea de G... -
17 Marzo 2026 268 Visita(s)
LISTADO DEFINITIVO CAMPUS SEMANA SANTA 2026
Do 17 ao 20 de marzo para abonar o campamento, 30 euros por nen@. Número de conta IBAN ES 45 2080 5115 1230 0005 3318 En... -
16 Marzo 2026 270 Visita(s)
Doazón de Sangue
-
16 Marzo 2026 223 Visita(s)
SALVATERRA PREPÁRASE PARA CELEBRAR O 25 ANIVERSARIO DE O SON DA MURALLA
Nas últimas semanas recibimos a visita de Lara Meneses, directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, para seguir av... -
16 Marzo 2026 224 Visita(s)
Salvaterra acolle o curso Auxiliar de almacén e atención ao público, con 190 horas de formación e prácticas en empresa
Salvaterra acolle o curso Auxiliar de almacén e atención ao público, con 190 horas de formación e prácticas en empresaA... -
12 Marzo 2026 248 Visita(s)
AVISO CORTE DE AUGA
-
11 Marzo 2026 242 Visita(s)
AVANZAMOS COA DIXITALIZACIÓN DO CICLO INTEGRAL DA AUGA
O Concello de Salvaterra de Miño segue coa inversión en dixitalización, mellora de eficiencia e renovación de equipos no... -
-
10 Marzo 2026 395 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VEN DE APROBAR OS DOUS PRIMEIROS PROXECTOS DE INVERSIÓN QUE SE SOLICITARÁN A TRAVÉS DO PLAN +PROVINCIA 2026
Na pasada Xunta de Goberno Local o goberno do Concello de Salvaterra de Miño aprobou os dous primeiros proxectos que se... -
06 Marzo 2026 301 Visita(s)
POSTA EN SERVIZO DE CATRO BOMBEOS DE AUGAS RESIDUAIS DIXITALIZADOS GRAZAS Á SUBVENCIÓN DA XUNTA DE GALICIA
Rematou a implantación e posta en servizo da dixitalización de catro estacións de bombeo de augas residuais na conca do... -
05 Marzo 2026 357 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INICIA A PROGRAMACIÓN DO 8M CUN SEMINARIO DE AUTOPROTECCIÓN FEMININA
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Salvaterra de Miño anuncia o inici... -
03 Marzo 2026 337 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA NOVOS CURSOS PARA MAIORES DE 65 ANOS
As actividades ofertadas son pintura, memoria e ximnasia que darán comezo este mes. O Concello de Salvaterra de Miño des... -
03 Marzo 2026 390 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO AVANZA NA EXHUMACIÓN DA FOSA DO CEMITERIO MUNICIPAL
O Concello de Salvaterra de Miño vén de manter unha primeira reunión de traballo para dar comezo ao proceso de adxudicac... -
02 Marzo 2026 419 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO CONTRATARÁ 16 PERSOAS AO ABEIRO DO PLAN +PROVINCIA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL
O Concello de Salvaterra de Miño ven de solicitar, a través da liña 3 de emprego do Plan +Provincia 2026, da Deputación... -
27 Febrero 2026 529 Visita(s)
CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN EDUCADOR/A SOCIAL
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VEN DE APROBAR AS BASES ESPECÍFICAS PARA A CONFECCIÓN DE LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORA... -
27 Febrero 2026 353 Visita(s)
INÍCIANSE AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DO ENTORNO DA CAPELA DE SAN ROQUE EN CABREIRA
Trátase dunha obra de máis de 553.000 euros financiada a través do Plan Extra e do Plan +Provincia da Deputación Provinc... -
25 Febrero 2026 440 Visita(s)
SALVATERRA PRESENTA O CAMPUS DE CONCILIACIÓN DE SEMANA SANTA
A inscrición, por orde de entrada no rexistro, comeza o día 3 e remata o 9 de marzo. Coa chegada da Semana Santa nos cen... -
24 Febrero 2026 343 Visita(s)
CONTA ATRÁS EN SALVATERRA DE MIÑO PARA A TERCEIRA RUTA PINCHOTERRA
O Concello de Salvaterra de Miño reuniuse este luns cos locais de hostalaría do municipio para organizar a que será a II... -
24 Febrero 2026 342 Visita(s)
Programa de Balnearios
-
23 Febrero 2026 478 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA REPARTE TRAMPAS CONTRA A VESPA VELUTINA
Un ano máis e como ven sendo habitual nesta época do ano, o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concien... -
20 Febrero 2026 406 Visita(s)
O CIM MÓBIL VISITA SALVATERRA DE MIÑO PARA ACHEGAR ATENCIÓN ESPECIALIZADA ÁS MULLERES
O Concello de Salvaterra de Miño recibiu hoxe a visita do Centro de Información á Muller Móbil (CIM Móbil), un servizo i... -
18 Febrero 2026 473 Visita(s)
Doazón de Sangue
-
17 Febrero 2026 459 Visita(s)
EXHUMACIÓN DA FOSA DE SALVATERRA
A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS VEN DE COMUNICAR AO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO A CONCESIÓN DUNHA AX... -
11 Febrero 2026 612 Visita(s)
ACTIVIDADES INFANTÍS E O ENTERRO DA LAMPREA CENTRAN O ENTROIDO EN SALVATERRA DE MIÑO
O Enterro da Lamprea celébrase o 21 de febreiro a partir das 16:30 horas con saída dende a Rúa Rosalía de Castro. O Conc... -
06 Febrero 2026 524 Visita(s)
PECHE DAS TERMAS TEMPORALMENTE
AS TERMAS PERMANECERÁN PECHADAS ATA NOVO AVISO POR TEMPORAL. DISCULPEN AS MOLESTIAS. -
03 Febrero 2026 654 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ACOLLE A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL” DE AFUNDACIÓN
O Concello de Salvaterra de Miño acollerá a partir do mércores 4 de febreiro a exposición fotográfica "Fauna esencial",... -
02 Febrero 2026 449 Visita(s)
DOUS GALARDÓNS PARA O CEIP DE LEIRADO
O CEIP PLURILINGÜE DE LEIRADO, RECOÑECIDO POR DOUS GALARDÓNS AUTONÓMICOS POLO SEU COMPROMISO COA INNOVACIÓN EDUCATIVA E... -
21 Enero 2026 711 Visita(s)
REMATADA A PAVIMENTACIÓN EN ALDEA E COTODOURO
REMATADA A PAVIMENTACIÓN EN ALDEA E COTODOURO NA PARROQUIA DE ALXÉN, OBRAS ENMARCADAS DENTRO DO PLAN CAMIÑA RURAL 2025-... -
19 Enero 2026 751 Visita(s)
ARRANCA O 6º CICLO DE CINE DE INVERNO EN SALVATERRA DE MIÑO
Dende a Concellería de Cultura preséntase a 6ª edición do Ciclo Cine de Inverno que se celebrará durante o vindeiro mes... -
16 Enero 2026 873 Visita(s)
ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO ENTERRO DA LAMPREA 2026
O Concello de Salvaterra de Miño anuncia que dende este luns 19 de xaneiro e ata o 2 de febreiro todos aqueles que queir... -
16 Enero 2026 645 Visita(s)
1ª REUNIÓN COA EMPRESA DE XESTIÓN DE AUGAS
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO MANTÉN A PRIMEIRA REUNIÓN DE TRABALLO COA EMPRESA ADXUDICATARIA DO SERVIZO DE APOIO Á D... -
13 Enero 2026 738 Visita(s)
A ASOCIACIÓN QUINTA DO PIÑEIRO ORGANIZA O DÍA 25 DE XANEIRO UN GRAN COCIDO NA CASA CULTURAL DE CORZÁNS
Un ano mais a Asociación cultural quinta do Piñeiro organiza o seu tradicional cocido que terá lugar o día 25 de xaneiro... -
18 Diciembre 2025 813 Visita(s)
O PASADO MARTES INICIÁBANSE OS TRABALLOS DE PINTADO DUN MURAL NO MURO DE ENTRADA DO IES SALVATERRA
Esta idea nace do equipo directivo co fin de mellorar a estética do centro, un proxecto no que colabora o Concello de Sa... -
16 Diciembre 2025 771 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO RENOVARÁ AS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN CÁNDIDO CARRERA
O Concello de Salvaterra de Miño ven de solicitar a través do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da D... -
12 Diciembre 2025 708 Visita(s)
INICIANSE AS OBRAS NO PARQUE DA CASA DE CULTURA DE SALVATERRA DE MIÑO
O Concello de Salvaterra de Miño inicia as obras de reforma integral do Parque Público da Casa de Cultura de Salvaterra,... -
09 Diciembre 2025 866 Visita(s)
EN LICITACIÓN POR MÁIS DE 353.000 EUROS O NOVO PLAN DE PAVIMENTACIÓN DE VIAIS MUNICIPAIS NO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO
O Concello de Salvaterra de Miño ven de publicar na Plataforma de Contratación do Estado unha nova licitación para a pav... -
02 Diciembre 2025 1138 Visita(s)
“TOLERANCIA CERO, AMOR CEN” FOI O LEMA GAÑADOR DO XV CONCURSO DE SLOGANS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A iniciativa organizada polo Concello de Salvaterra en colaboración co IES Salvaterra de Miño contou coa participación d... -
01 Diciembre 2025 1089 Visita(s)
EN EXECUCIÓN AS OBRAS ENMARCADAS DENTRO DO PLAN CAMIÑA RURAL 2025-2026
O Concello de Salvaterra de Miño inicia as obras enmarcadas dentro da anualidade 2025 do Plan Camiña Rural para a mellor... -
14 Noviembre 2025 1014 Visita(s)
PROGRAMA DUS 5000
Programa de ayudas para inversiones a proyectos singulares locales de energía limpia en municipios de reto demográfico (...
A Inquisición española foi unha institución fundada en 1478 polos Reis Católicos para manter a ortodoxia católica nos seus reinos, pero a pouco de iniciar a súa andaina xa tiña no seu haber multitude de delitos froitos dunha hiperheterodoxia relixiosa.
O Portalón da Inquisición é o único resto que queda do pazo do que foi o seu fundador Bartolomeu Barbeito e Padrón, primeiro inquisidor do Tribunal Censor do Galicia en 1677, cargo que exercería durante once anos gobernando como autoridade máxima coa compracencia do Inquisidor Xeral.
O topónimo que identifica ó lugar ten a súa orixe na casa que Bartolomé Barbeito e Padrón, colexial de San Clemente e inquisidor apostólico nacido en Corzáns, fundou, nun momento no que a represión exercida polo Santo Oficio en Galicia xa remitira, tra-lo período de feroz persecución ás comunidades xudías máis representativas, como eran as de Ribadavia, Ourense, Pontevedra e Tui, entre outras. Tras exercer en Santiago - onde foi catedrático na Universidade-, Murcia, Valladolid e Madrid, decidiu construír a Casa-Escola para clérigos da súa familia, moi cerca do lugar onde os seus pais fundaran o maiorazgo do Piñeiro.
Do edificio orixinal son escasos os restos que chegaron ós nosos días, xa que a construcción actual é producto das sucesivas reformas efectuadas. O monumental Portalón mantense en pé na súa meirande parte, e constitúe unha das mellores mostras entre as do seu xénero que se coñecen, tanto pola calidade da fábrica, de excelente sillería, como polas súas proporcións.
O portalón consta de dous corpos divididos horizontalmente por unha imposta moldurada: na inferior ábrese a porta de arco de medio punto formado por dovelas, mentres o superior, rematado por cornixa tamén moldurada, resulta espectacular, pois brasóano tres escudos entre os que se le a inscrición seguinte:
"MANDOLA FABRICAR EL SR. D. BARTOLOMÉ BARBEITO Y PADRON/ NATURAL DE ESTA FELIGRESÍA/ INQUISIDOR APOSTÓLICO Y MAS ANTIGUO DE ESTE REINO DE GALICIA/ AÑO DE 1668/ PARA CLERIGOS DE SU FAMILIA Y VECINOS DE ESTA FELIGRESÍA A FALTA DE AQUELLOS"
Do muro de peche que delimitaba a propiedade consérvanse os restos que superaron as agresións ás que se viu sometido ó longo dos anos, como acontece co Portalón, abocado a desaparecer se non se toman as debidas medidas, pois xa se desprenderon algúns sillares do seu flanco esquerdo.
Os escudos ocupan a parte central do Portalón, onde este toma maior altura. O da esquerda, hoxe derruído, está fóra do conxunto e referíase á ascendencia paterna do fundador, é dicir, Mariño, Valladares, Padrón e Barbeito; o da dereita, partido e medio cortado, representa a filiación materna: Suárez, Ozores e Puga. O situado no centro, en plano máis elevado, indica a condición de inquisidor de Bartolomé, cuia dignidade eclesiástica ven a confirmarse no timbre de cada un dos escudos: capelo do que penduran, a ambos lados, os dous cordóns con seis borlas cada un, propios dos bispos. No espacio limitado por estas representacións heráldicas é onde está esculpida a inscrición.


























