Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

FestaVino

 

Os antecedentes históricos da Festa do Viño do Condado do Tea, remontanse a xullo de 1959. Nesa data, sitúase a data de inicio da festa, que naquel intre adoptou a denominación de Festa da Vendimia.

vino3 180O fundador da Festa da Vendimia foi José Rodriguez Ojea, que chegou a ser alcalde do Concello. Indiano chegado do Brasil, ao instalarse en Salvaterra de Miño, faise membro da Irmandade de Labregos e Gandeiros San Lourenzo, con sede na denominada Casa Sindical ubicada no actual casco urbano do municipio.
Esta é por tanto a segunda festa gastronómica máis antigua de Galicia, detrás da Festa do Alvariño de Cambados.vino2 180
Según se recollen nas actas notariales que se conservan, a Irmandade de Labradores e Gandeiros San Lourenzo de Salvaterra de Miño organiza en 1959 o I Gran Concurso de Viños do Condado. Inicialmente, na Festa da Vendimia, participaban pequenos adegueiros das diferentes parroquias do município e o gañador dabase a coñecer tras unha cata cega de viños brancos e tintos. 

Nos primeiros anos, a festa consistia , amais do concurso de viños, nun xantar degustación de gastronomia típica da zona, acompañada dos viños gañadores do concurso. Este xantar celebrabase no Castelo de Dona Urraca, dentro da Fortaleza de Salvaterra.

HojaVinoA partir de 1975 o Concello de Salvatera de Miño faise cargo da organización da Festa do Viño do Condado do Tea, en colaboración coa Irmandade de Labradores e Gandeiros San Lourenzo de Salvaterra de Miño. Nela mantense o Concurso- Certame de Viños do Condado. Na festa ofrecese a degustación gratuita de viño producido nas pequenas adegas das diferentes parroquias do concello ao público asistente e celebranse diferentes actos de marcado carácter cultural e institucional. En 1977 introducese como un acto de exaltación da festa, a edición dun mataselos conmemorativo, que se mantén ata hoxe en día.

Nesa época de finais dos anos setenta, organizase a primeira comida popular aberta a todo o público. 

En 1998 o Concello decide que o viño da Do Rías Baixas, sexa o único que se promocione na Festa. A tradicional Festa do Viño do Condado xunto co peso do viño na economía familiar do municipio, a calidade dos seus caldos e a gran extensión de viñedos, fan de Salvaterra de Miño a Capital do Viño do Condado do Tea.

No ano 2016 declárase "Festa de Interés Turístico".

PDF

Aprobación como "Festa de Interés Turístico"

A festa ten lugar no último fin de semana de Agosto de cada ano.

Durante toda a mañán do domingo, os visitantes poden disfrutar degustando o delicioso viño desta subzona da D.O. Rías Baixas, acompañado por productos típicos como polbo, sardinas, empanada ou lamprea. Ademáis poderá atopar:

  • - Conferencias.
  • - Catas comentadas por expertos.
  • - Exposición de viños.
  • - Artesanía.
  • - Pintura.
  • - Escultura.
  • - Concentración de coches de época.
  • - Gran desfile de gaitas e bailes galegos.
  • - Mostra filatélica, na que se pon en circulación un mataselos que conmemora a festa.

Tamén se leva a cabo a celebración dos Premios ós "Viños deliciosos do Ano". Este aporte novedoso vense celebrando dende o ano 2000 -iniciativa do Concello de Salvaterra, e primeira nun marco oficial- e vai dirixido ó coñecemento comparativo dos viños elaborados nas zonas do Condado (D.O. Rías Baixas).

 

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia