Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

FestaEspumoso

 

A Festa do viño espumoso vénse celebrando dende Decembro do 2014. Somos os pioneiros nesta celebración, xa que confiamos nas adegas da zona, e queremos axudar para dar a coñecer este novo gran produto no que as adegas do condado están a facer un gran traballo.

O Concello de Salvaterra logrou xuntar a 10 bodegas que eleboran este viño con un total de 16 marcas, as cales xa están acollidas na Denominación de Oríxen "Rías Baixas".

O Concello dalle moita importancia a esta festa pola súa promoción económica no sector do viño en Galicia, pero tamén para a Comarca do Condado. 

Este viño espumoso, é un producto que necesita dunha cuidada elaboración, máis que co viño tradicional, pero ainda así, as bodegas e o Concello apostan por esta festa, xa que é unha oportunidade importante de dar a coñecer o turismo en Salvaterra e porque en Galicia, non existía ningunha festa coma esta, sendo pois Salvaterra a primeira en facelo, convertíndose así na "Capital dos espumosos das Rías Baixas".

Nesta festa podemos destacar o curso de iniciación aos espumosos e as catas que dirixe Luis Paadín, primeiro embaxador do champán de España.

A festa celébrase o primeiro fin de semana de Decembro, debido a que os espumosos salen neste mes da súa segunda fermentación despóis de dous anos de elaboración.

O evento desenvólvese no interior do Castelo de Dona Urraca de Salvaterra e debaixo dunha gran carpa. Con catas e música en directo, a festa e a sensación de benestar, están aseguradas.

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia