Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

CALES SON OS ÓRGANOS DE GOBERNO DO CONCELLO?


A Alcaldía, a Xunta de Goberno Local(XGL), e o Pleno.
Chámaselles "órganos de goberno" porque as decisións que toman son consideradas actuacións de goberno.
As Leis que regulan a Administración Local (Concello e Deputación), marcan as competencias de cada un deses órganos de goberno. Agora ben, algunhas desas competencias, poden ser delegadas entre os órganos de Goberno.
Explicámonos:


1. A Alcaldía ten asignadas unha serie de competencias, pero o alcalde pode delegalas nos concelleiros (de aí saen os concelleiros-delegados); outras as pode delegar na Xunta de Goberno Local (XGL), e hai outras que tamén pode delegar no Pleno.

A Alcaldía é un órgano de Goberno unipersonal, e ten atribuídas determinadas competencias por Lei que lle permiten tomar decisións concretas sobre asuntos determinados sen ter que sometelas antes ao estudo, a valoración e a aprobación do Pleno ou da Xunta de Local de Goberno. Do Alcalde ou Alcaldesa depende trasladar algunhas delas ou non, aos órganos de goberno superiores: XGL e Pleno. Se o fai, está a abrir o camiño á exposición doutras ideas sobre o mesmo asunto, ao debate e ao diálogo.


2. A Xunta de Goberno Local en Salvaterra a forma o Alcalde, os Tenentes de Alcalde e os concelleiros do propio partido. Sempre un número impar de membros para resolver os empates. (Poden incluírse aos portavoces da oposición, pero non é o caso).
A XGL toma decisións sobre as competencias que o Alcalde delegou nela.


3. O Pleno é o máximo órgano de goberno municipal, e forman parte del os DOCE concelleiros e o Alcalde. (Tódalas Corporacións Municipiais están formadas por un número impar entre concelleiros e Alcalde, para resolver os posibles empates nas votacións). Algunhas das competencias que ten o Pleno non poden ser delegadas aos órganos de goberno inferiores, é dicir, nin á XGL nin á Alcaldía.
A Lei permite a delegación de determinadas competencias entre os tres órganos de goberno para axilizar a xestión diaria; pero depende do Alcalde e do grupo que goberna establecer os límites, porque cantos menos concelleiros estean presentes na toma de decisións MÁIS OPACA e MENOS PARTICIPATIVA será a xestión.

la flecha azul a la izquierda detras de anteriores icono 5726 32

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia