1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

A iniciativa organizada polo Concello de Salvaterra en colaboración co IES Salvaterra de Miño contou coa participación de máis de 170 alumnas e alumnos do centro.

Esta mañá tivo lugar no Concello de Salvaterra de Miño a entrega de premios da XV edición do Concurso de Slogans contra a violencia de xénero que organiza o Concello de Salvaterra de Miño contando coa colaboración do centro educativo IES Salvaterra de Miño.

En total participaron un total de 175 alumnas e alumnos que presentaron o seu slogan a este certame que se presenta cada ano con motivo da conmemoración do 25 de novembro e contra a violencia de xénero financiadas ó abeiro da subvencion do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade. A través do concurso búscase que transmitan unha mensaxe e un posicionamento claro de repulsa contra os malos tratos. Dentro destas iniciativas preténdese facer unha campaña de difusión e publicidade dalgúns dos recursos que existen para abordar este tema.

O concurso consta de catro premios: tres deles valorados en 50 euros trocables por material educativo, informático, deportivo, roupa ou música e un primeiro de 150 euros trocable do mesmo xeito e cuxo lema formará parte da campaña de sensibilización a través duns marcapáxinas e material promocional neste caso bolsas co slogan ganador que se repartiron entre o alumnado que participou e que formarán da campaña.

Nesta edición o lema gañador foi “Tolerancia cero, amor cen” de Carla Fernández de 2º da ESO e os segundos premios foron os slogans “A túa voz pode cambialo todo” de Nicolás Rodríguez de 1º ESO, “Galicia esperta, a violencia está deserta” de Leire Mariño de 3º ESO e “Se non hai igualdade, non hai futuro” de Gianna Carolina Saavedra de 2º ESO.

O Concello de Salvaterra leva anos traballando cos máis novos na prevención deste tipo de violencia dende idades tempranas para establecer as bases de relacións sans e saudables.

XV Concurso Slogans 1XV Concurso Slogans 2

XV Concurso Slogans 3XV Concurso Slogans 4XV Concurso Slogans 5

Diciembre 2025
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia