1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Salvaterra de Miño anuncia o inicio dunha programación especial de actividades dirixidas ás mulleres que se desenvolverá durante os próximos meses, organizada pola Concellería de Igualdade.

A primeira das actividades terá lugar o vindeiro 21 de marzo, de 17:00 a 20:00 horas, no Pavillón Cándido Carrera, cun Seminario de Autoprotección Feminina gratuíto impartido pola Asociación Woman Defense Solidaria, que contará con formadores procedentes de distintos puntos de España.

Durante o seminario traballarase sobre situacións reais, ofrecendo ferramentas prácticas para mellorar a seguridade persoal das participantes. O sistema de defensa que se impartirá está adaptado a todo tipo de idades (a partir dos 14 anos), complexións e estados físicos, co obxectivo de que calquera muller poida aprender recursos útiles para a súa autoprotección.

Para participar na actividade recoméndase acudir con roupa cómoda, así como levar botella de auga e toalla.

As mulleres interesadas en participar deben inscribirse previamente a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou chamando ao teléfono 617 189 167.

Desde o Concello sinalan que nas próximas semanas iranse anunciando o resto de actividades que completarán esta programación especial para mulleres, impulsada pola Concellería de Igualdade con motivo dunha data tan significativa no calendario como é o 8M, Día Internacional da Muller.

14 02 25 Curso Defensa Personal 1

Marzo 2026
L M X J V S D
23 24 25 26 27 28 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia