1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

NotaPrensaO Concello de Salvaterra de Miño quere agradecer publicamente á empresa Mascato a súa colaboración e compromiso coa veciñanza máis vulnerable do municipio.

Entre o ano 2025 e o que levamos de 2026, a empresa realizou achegas de máis de 1.300 quilos ao Banco de Alimentos municipal e, agora, dá un paso máis coa formalización dun convenio de colaboración coa administración local para a doazón de excedentes alimentarios.

Grazas a este acordo, as familias usuarias dos Servizos Sociais municipais poderán contar tamén con peixe conxelado dentro dos lotes de alimentos, contribuíndo así a garantir unha alimentación máis variada, equilibrada e de maior calidade. Mascato súmase deste xeito ao apoio doutras empresas do municipio como Lumai, Albo, Froiz ou o supermercado Dia, que colaboran de maneira puntual, así como ás achegas realizadas por particulares e á propia contribución municipal.

Todas estas colaboracións fan posible que dende o departamento de Servizos Sociais se poida dar cobertura alimentaria ás familias que máis o precisan, moitas delas con menores ao seu cargo. Dende o Concello queremos poñer en valor a importancia desta rede de solidariedade, que demostra que a colaboración entre empresas, administración e cidadanía é fundamental para axudar a quen atravesa momentos de dificultade.

Se queres achegar o teu gran de area e colaborar cos que máis o necesitan, podes poñerte en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Salvaterra de Miño.

Junio 2026
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia