- Noticias
- Axudas e Subvencións
- Avisos
-
20 Enero 2025 5258 Visita(s)
RECTIFICACIÓN INVENTARIO CONCELLO DE SALVATERRA
INVENTARIO ACTUALIAZADO -
07 Septiembre 2026 93 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INSTALARÁ UN SISTEMA DE CLIMATIZACIÓN NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
O Concello de Salvaterra de Miño ven de conseguir unha subvención da Administración Local, destinada á mellora das infra... -
03 Septiembre 2026 120 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ACOLLERÁ POR PRIMEIRA VEZ O SALVATERRA URBAN FEST, UN GRAN ENCONTRO INTERNACIONAL DE CULTURA URBANA
O parque de A Canuda será o escenario dunha xornada dedicada ao break dance e ao graffiti, con participantes e artistas... -
02 Septiembre 2026 137 Visita(s)
Novo Programa Cultural
SALVATERRA DE MIÑO LEVA A CULTURA ÁS PARROQUIAS CUNHA NOVA PROGRAMACIÓN PARA SENSIBILIZAR E PROTEXER A TRAVÉS DAS ARTES... -
31 Agosto 2026 150 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO IMPULSA O EMPREGO XUVENIL COA CONTRATACIÓN DUNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVA DURANTE NOVE MESES
O Concello de Salvaterra de Miño, ven de recibir unha subvención da Consellería de Emprego, para a contratación dunha pe... -
27 Agosto 2026 212 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO INAUGURA O RENOVADO PARQUE INFANTIL JUAN LUÍS VILLALÓN RÍOS
O Concello de Salvaterra de Miño inaugurou hoxe o renovado parque infantil situado ao carón da Casa de Cultura, que pasa... -
25 Agosto 2026 186 Visita(s)
AVISO MOSQUITO TIGRE
Despois destas chuvias e a acumulación de auga que se pode levar a cabo en recipientes pequenos lembra as recomendacións... -
24 Agosto 2026 295 Visita(s)
A FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA CHEGA A SÚA LXVII EDICIÓN
A celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, terá lugar os días 28, 29 e 30 de agosto no recinto amurallad... -
29 Julio 2026 783 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INFORMA DO INICIO DOS TRABALLOS DE EXHUMACIÓN NO CEMITERIO DE CHAN DA PONTE
O Concello de Salvaterra de Miño informa que xa se iniciaron os traballos de escavación e exhumación no cemiterio munici... -
23 Julio 2026 654 Visita(s)
Convocatoria Prensa - Exhumación Salvaterra de Miño
-
15 Julio 2026 434 Visita(s)
PRIMEIRAS SEMANAS DE FORMACIÓN NO OBRADOIRO DE EMPREGO SALVATERRA EMPREGA V
Nestas primeiras semanas os alumn@s – traballadores do Obradoiro de Emprego SALVATERRA EMPREGA V formáronse en Prevenció... -
02 Julio 2026 444 Visita(s)
XXI PREMIOS EDUCACIÓN. CURSO 2025/2026
CONVOCATORIA PRENSA Entrega dos “XXI PREMIOS EDUCACIÓN. CURSO 2025/2026" Día: Martes 7 de xullo de 2026 Hora: 12:00 Luga... -
25 Junio 2026 686 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO RECIBE UNHA AXUDA DA XUNTA DE GALICIA PARA IMPULSAR ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA LECTURA NAS PARROQUIAS
O Concello de Salvaterra de Miño ven de recibir unha subvención da Xunta de Galicia por importe de 836,90 euros destinad... -
25 Junio 2026 599 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA EMPRESA MASCATO PARA A DOAZÓN DE EXCEDENTES ALIMENTARIOS
O Concello de Salvaterra de Miño quere agradecer publicamente á empresa Mascato a súa colaboración e compromiso coa veci... -
25 Junio 2026 473 Visita(s)
MELLORA DE VIAIS EN FORNELOS E ALXÉN
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO MELLORARÁ OS VIAIS FILLABOA–GRIXÓ E FRAGUÍÑAS–IGREXA CUN INVESTIMENTO PRÓXIMO AOS 80.00... -
19 Junio 2026 727 Visita(s)
SUBVENCIÓN PARA A MELLORA DA DIXITALIZACIÓN DA AUGA
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO TRAMITA DÚAS SUBVENCIÓNS POR IMPORTE DE MÁIS DE 100.000€ PARA SEGUIR MELLORANDO NA DIXI... -
11 Junio 2026 649 Visita(s)
SALVATERRA CONVOCA UN ANO MÁIS AS AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL
Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño ven de convocar as axudas para a adquisición de libros e material escolar d... -
10 Junio 2026 696 Visita(s)
EXHUMACIÓN DUNHA FOSA COMÚN
BREOGAN ARQUEOLOXÍA SERÁ A EMPRESA ENCARGADA DE REALIZAR A ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA NO CEMITERIO DE SALVATERRA DE MIÑO PA... -
-
02 Junio 2026 679 Visita(s)
PLAN VIA DEPO DE MELLORA VIARIA
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO TRAMITA A TRAVÉS DO PLAN EXTRAORDINARIO VIA DEPO UN NOVO PROXECTO DE CONSERVACIÓN E REH... -
27 Mayo 2026 740 Visita(s)
SALVATERRA INICIA O PROGRAMA DE REFORZO SOCIOEDUCATIVO PARA MENORES
Despois da concesión por parte da Xunta de Galicia dunha subvención por un importe de máis de 73.000 euros para levar a... -
18 Mayo 2026 841 Visita(s)
ZONAS PRIORITARIAS NO PLADIGA
O Concello de Salvaterra de Miño informa que xa se iniciaron os traballos de escavación e exhumación no cemiterio municipal de Chan da Ponte, unha intervención que permitirá determinar se neste espazo foron soterradas dúas ou tres persoas vítimas da represión de 1936.
As actuacións, que comezaron o luns 27 de xullo, enmárcanse no compromiso institucional coa recuperación da memoria democrática e co dereito das familias a coñecer o paradoiro dos seus seres queridos. Entre as persoas que poderían atoparse nesta fosa figura Bernardo Bernárdez Martínez, natural de Ponteareas e veciño de Alxén (Salvaterra de Miño), asasinado con tan só 24 anos o 29 de xullo de 1936. Segundo as investigacións realizadas, tamén poderían localizarse os restos de Delfín Rey Sánchez, veciño de As Neves, e dun terceiro varón sen identificar, posiblemente de nacionalidade portuguesa.
Con motivo do inicio da intervención, o Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña, organizou unha rolda informativa para explicar á cidadanía os obxectivos, os prazos e o desenvolvemento dos traballos.
Durante o encontro, o arqueólogo responsable da escavación, Eduardo Breogán, explicou a complexidade da intervención debido ao estado da zona, que presenta importantes dificultades ao tratarse dun espazo moi degradado e utilizado durante anos como vertedoiro. Pola súa banda, o antropólogo forense Fernando Serrulla destacou a importancia destas actuacións para posibilitar a identificación e entrega dos restos ás familias, subliñando tamén o papel das administracións públicas, e especialmente dos concellos, na procura das persoas desaparecidas durante a represión.
O historiador X. R. Paz Antón expuxo os antecedentes da investigación histórica, baseada na documentación do Rexistro Civil, mentres que o investigador Antón Lorenzo explicou o proceso de localización do posible lugar de soterramento, así como o traballo realizado xunto con Ángel López para localizar ás familias e recoller as mostras de ADN necesarias para unha futura identificación.
A rolda informativa contou tamén coa participación de familiares das vítimas, que compartiron o testemuño das consecuencias humanas e sociais da represión sufrida polas súas familias.
A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, pechou o acto agradecendo a asistencia das persoas presentes, entre elas o alcalde de As Neves, e destacou a importancia da colaboración entre as administracións públicas e as entidades memorialistas para facer posible este tipo de actuacións. Así mesmo, agradeceu o apoio económico da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), cuxa colaboración contribúe ao financiamento desta intervención.
O Concello de Salvaterra de Miño informa ademais de que, mentres duren os traballos, ofrecerase diariamente ás 13:00 horas unha breve explicación sobre a evolución da escavación.































