- Noticias
- Axudas e Subvencións
- Avisos
-
10 Noviembre 2026 19 Visita(s)
OUTUBRO, UN MES INTENSO DE TRABALLO NO OBRADOIRO DE EMPREGO DUAL DE SALVATERRA DE MIÑO
O Obradoiro de Emprego Dual de Salvaterra de Miño vén de pechar un mes de outubro de intensa actividade e excelentes res... -
06 Noviembre 2026 84 Visita(s)
“O LAZO QUE UNE SALVATERRA DE MIÑO” A CAMPAÑA DE NADAL QUE UNIRÁ O COMERCIO E HOSTALARÍA
Achégase o Nadal e o Concello de Salvaterra de Miño comeza a dar a coñecer as iniciativas que poñerá en marcha con motiv... -
03 Noviembre 2026 124 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ACOLLERÁ O V DESFILE DE TRAXE TRADICIONAL E MODA ACTUAL EN LEIRADO
A Asociación Cultural Ondiñas do Mendo organiza o vindeiro domingo, 8 de novembro, o V Desfile de Traxe Tradicional e Mo... -
02 Noviembre 2026 152 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO CONSÓLIDASE COMO UN REFERENTE DE CRECEMENTO NO SUR DE GALICIA TRAS ACADAR OS 11.295 HABITANTES
O padrón municipal acada un máximo histórico de 11.295 veciños, consolidando un crecemento constante grazas á chegada co... -
30 Octubre 2026 159 Visita(s)
FESTA DO VIÑO NOVO EN ARANTEI – SALVATERRA DE MIÑO
A parroquia de Arantei celebra os días 7 e 8 de novembro, no pavillón deportivo da parroquia, a XXVI edición da "Festa d... -
23 Octubre 2026 333 Visita(s)
INFORMACIÓN SOBRE AS ELECCIÓNS XERAIS 29 DE NOVEMBRO 2026
PRAZOS DO VOTO POR CORREO DOS RESIDENTES EN ESPAÑA: Solicitude do voto por correo ante calquera oficina do servizo de Co... -
23 Octubre 2026 197 Visita(s)
A ASOCIACIÓN CULTURAL QUINTA DO PIÑEIRO CELEBRA ESTE SÁBADO A FESTA DA ESFOLLADA DO MILLO EN CORZÁNS
A xornada combinará tradición, música e gastronomía, cunha esfollada tradicional, a actuación do grupo Naiama e un magos... -
19 Octubre 2026 955 Visita(s)
SALVATERRA COMO REFERENTE DE CRECEMENTO
SALVATERRA DE MIÑO CONSÓLIDASE COMO UN REFERENTE DE CRECEMENTO NO SUR DE GALICIA TRAS ACADAR OS 11.295 HABITANTES • O pa... -
16 Octubre 2026 231 Visita(s)
O OBRADOIRO DE EMPREGO ‘SALVATERRA EMPREGA V’ PECHA UN INTENSO MES DE SETEMBRO CUN CONXUNTO DE ACTUACIÓNS DE MELLORA AMBIENTAL E URBANA NO MUNICIPIO
O alumnado combinou a formación teórica en tratamentos silvícolas con intervencións directas en colexios, sendas fluviai... -
15 Octubre 2026 266 Visita(s)
INFORMACIÓN DO CENSO ELECTORAL
O censo electoral abre o rexistro para o voto de cidadáns estranxeiros nas eleccións municipais de 2027 Os residentes da... -
15 Octubre 2026 212 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INVESTIRÁ MÁIS DE 34.000 EUROS NA REHABILITACIÓN INTEGRAL DO LAVADOIRO DE FONTOURA
A actuación, financiada a través do Plan +Provincia 2026, corrixirá o deterioro da cuberta e mellorará toda a contorna d... -
15 Octubre 2026 264 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA NOVOS CURSOS PARA MAIORES DE 65 ANOS
O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha unha nova edición dos cursos dirixidos ás persoas maiores de 65 anos a tr... -
13 Octubre 2026 241 Visita(s)
Excavación no Xacemento dos Castros, Lourido-Soutolobre.
O CONCELLO DE SALVATERRA ASINA UN NOVO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE DA XUNTA... -
13 Octubre 2026 283 Visita(s)
SAMAÍN 2026
-
09 Octubre 2026 258 Visita(s)
O CONCELLO APROBA UNHA BONIFICACIÓN DO 95% NO ICIO PARA A SEGUNDA AMPLIACIÓN DE FRINSA NA PLISAN
A medida, ratificada no último Pleno municipal, enmárcase nas vantaxes fiscais de "Concello Emprendedor" para atraer inv... -
08 Octubre 2026 247 Visita(s)
MAQUINARIA PARA REFORZAR A PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INVESTE PRETO DE 19.000 EUROS NA ADQUISICIÓN DE MAQUINARIA PARA REFORZAR A PREVENCIÓN D... -
07 Octubre 2026 452 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO LICITA POR 44.426,30 EUROS O SUBMINISTRO DE EQUIPOS DE SON E MOBILIARIO PARA OS EVENTOS REALIZADOS NA FORTALEZA
O Concello de Salvaterra de Miño abriu o proceso de licitación para o subministro de equipos de son e mobiliario, destin... -
07 Octubre 2026 238 Visita(s)
ESCAPE ROOM ORGANIZADO POLO CONCELLO DE SALVATERRA
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA UN ESCAPE ROOM SOBRE A IGUALDADE PARA REFLEXIONAR SOBRE OS ESTEREOTIPOS E A DE... -
05 Octubre 2026 370 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO RECLAMA MEDIDAS PARA DEFENDER AOS VITICULTORES DO CONDADO E GARANTIR O ACCESO AOS NOVOS TRATAMENTOS CONTRA O ALZHEIMER
O Pleno aprobou a pasada semana, por unanimidade, as propostas da Alcaldía e diversas mocións centradas na defensa do se... -
05 Octubre 2026 407 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ACOLLE UNHA CHARLA SOBRE COMPOSTAXE DOMÉSTICA E A ENTREGA DE COMPOSTEIROS
A sesión terá lugar o mércores 7 de outubro, ás 19:00h, no salón de plenos do Concello Salvaterra de Miño celebra o mérc... -
05 Octubre 2026 244 Visita(s)
EN LICITACIÓN O ACONDICIONAMENTO E MELLORA DO ESPAZO LÚDICO TERMAL DE SALVATERRA DE MIÑO
O Perfil do Contratante do Estado publicita a licitación para presentar ofertas da obra de “Acondicionamento e mellora d... -
05 Octubre 2026 316 Visita(s)
Salvaterra de Miño invita a descubrir os seus principais atractivos con motivo do Día Mundial do Turismo.
O Punto de Información Turística poñerá en marcha unha campaña nas redes sociais para dar a coñecer diferentes lugares d... -
01 Octubre 2026 273 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO PON EN MARCHA UNHA NOVA CANLE DE WHATSAPP PARA MELLORAR A INFORMACIÓN Á VECIÑANZA
Así o Concello de Salvaterra de Miño busca facilitar e axilizar a comunicación coa veciñanza e ofrecer información de in... -
30 Septiembre 2026 252 Visita(s)
A BIBLIOTECA VIAXEIRA VOLTA UN ANO MÁIS CON DÚAS ACTVIDADES EN OUTUBRO
Un ano máis, a Biblioteca Viaxeira volta a Salvaterra de Miño levando a maxia da lectura e da narración oral ós máis peq... -
30 Septiembre 2026 280 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VOLVE A SOLICITAR A TRAVÉS DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEMP) AS AXUDAS PARA RECUPERACIÓN DA MEMORIA DEMOCRÁTICA
O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O... -
28 Septiembre 2026 289 Visita(s)
O Concello de Salvaterra de Miño segue apostando pola compostaxe doméstica coa entrega de 100 novos composteiros entre a veciñanza.
O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica coa que entregará 10... -
24 Septiembre 2026 526 Visita(s)
O vindeiro sábado 26 de setembro volve o Trofeo Nacional Salvaterra Milenaria de patinaxe.
Logo de ter que aprazar o evento debido ás obrigas competitivas do campionato de Europa e a Copa do Mundo, o CPA Condado... -
24 Septiembre 2026 347 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VEN DE ADXUDICAR POR UN IMPORTE DE 5.340,00€ UN ESTUDO DE SITUACIÓN E USOS DO MERCADO DE ABASTOS
O Concello de Salvaterra de Miño ven de contratar, a través da subvención da Xunta de Galicia para o impulso dunha rede... -
24 Septiembre 2026 337 Visita(s)
OBRAS NA BIBLIOTECA A PARTIRES DO 28 DE SETEMBRO
-
23 Septiembre 2026 317 Visita(s)
O Concello de Salvaterra de Miño e AFAGA avanzan na prevención e atención ás persoas afectadas polo Alzheimer
A alcaldesa do Concello de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, reuniuse con Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, pres... -
17 Septiembre 2026 310 Visita(s)
Doazón de Sangue
-
15 Septiembre 2026 364 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO RECIBE MÁIS DE 1.000 EUROS DA XUNTA PARA INCORPORAR NOVIDADES EDITORIAIS EN GALEGO Á BIBLIOTECA MUNICIPAL
O Concello de Salvaterra de Miño foi beneficiario das axudas convocadas pola Xunta de Galicia destinadas ás entidades lo... -
15 Septiembre 2026 382 Visita(s)
OS CONCELLOS DE SALVATERRA DE MIÑO, ARBO E CRECENTE ASINAN UNHA NOVA ADDENDA AO CONVENIO DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
A Consellería de Política Social e Igualdade ven de convocar á Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a c... -
14 Septiembre 2026 383 Visita(s)
COMPRA DUN TRACTOR ROZADOIRA
O CONCELLO DE SALVATERRA INICIA OS TRÁMITES PARA A COMPRA DUN TRACTOR ROZADOIRA E MAQUINARIA VARIA PARA SEGUIR AVANZANDO... -
07 Septiembre 2026 391 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INSTALARÁ UN SISTEMA DE CLIMATIZACIÓN NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
O Concello de Salvaterra de Miño ven de conseguir unha subvención da Administración Local, destinada á mellora das infra... -
03 Septiembre 2026 446 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO ACOLLERÁ POR PRIMEIRA VEZ O SALVATERRA URBAN FEST, UN GRAN ENCONTRO INTERNACIONAL DE CULTURA URBANA
O parque de A Canuda será o escenario dunha xornada dedicada ao break dance e ao graffiti, con participantes e artistas... -
02 Septiembre 2026 461 Visita(s)
Novo Programa Cultural
SALVATERRA DE MIÑO LEVA A CULTURA ÁS PARROQUIAS CUNHA NOVA PROGRAMACIÓN PARA SENSIBILIZAR E PROTEXER A TRAVÉS DAS ARTES... -
31 Agosto 2026 470 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO IMPULSA O EMPREGO XUVENIL COA CONTRATACIÓN DUNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVA DURANTE NOVE MESES
O Concello de Salvaterra de Miño, ven de recibir unha subvención da Consellería de Emprego, para a contratación dunha pe... -
27 Agosto 2026 489 Visita(s)
SALVATERRA DE MIÑO INAUGURA O RENOVADO PARQUE INFANTIL JUAN LUÍS VILLALÓN RÍOS
O Concello de Salvaterra de Miño inaugurou hoxe o renovado parque infantil situado ao carón da Casa de Cultura, que pasa... -
25 Agosto 2026 597 Visita(s)
AVISO MOSQUITO TIGRE
Despois destas chuvias e a acumulación de auga que se pode levar a cabo en recipientes pequenos lembra as recomendacións... -
24 Agosto 2026 573 Visita(s)
A FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA CHEGA A SÚA LXVII EDICIÓN
A celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, terá lugar os días 28, 29 e 30 de agosto no recinto amurallad... -
29 Julio 2026 1056 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INFORMA DO INICIO DOS TRABALLOS DE EXHUMACIÓN NO CEMITERIO DE CHAN DA PONTE
O Concello de Salvaterra de Miño informa que xa se iniciaron os traballos de escavación e exhumación no cemiterio munici... -
23 Julio 2026 987 Visita(s)
Convocatoria Prensa - Exhumación Salvaterra de Miño
-
15 Julio 2026 743 Visita(s)
PRIMEIRAS SEMANAS DE FORMACIÓN NO OBRADOIRO DE EMPREGO SALVATERRA EMPREGA V
Nestas primeiras semanas os alumn@s – traballadores do Obradoiro de Emprego SALVATERRA EMPREGA V formáronse en Prevenció... -
02 Julio 2026 931 Visita(s)
XXI PREMIOS EDUCACIÓN. CURSO 2025/2026
CONVOCATORIA PRENSA Entrega dos “XXI PREMIOS EDUCACIÓN. CURSO 2025/2026" Día: Martes 7 de xullo de 2026 Hora: 12:00 Luga... -
25 Junio 2026 1040 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO RECIBE UNHA AXUDA DA XUNTA DE GALICIA PARA IMPULSAR ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA LECTURA NAS PARROQUIAS
O Concello de Salvaterra de Miño ven de recibir unha subvención da Xunta de Galicia por importe de 836,90 euros destinad... -
25 Junio 2026 884 Visita(s)
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA EMPRESA MASCATO PARA A DOAZÓN DE EXCEDENTES ALIMENTARIOS
O Concello de Salvaterra de Miño quere agradecer publicamente á empresa Mascato a súa colaboración e compromiso coa veci... -
25 Junio 2026 767 Visita(s)
MELLORA DE VIAIS EN FORNELOS E ALXÉN
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO MELLORARÁ OS VIAIS FILLABOA–GRIXÓ E FRAGUÍÑAS–IGREXA CUN INVESTIMENTO PRÓXIMO AOS 80.00... -
19 Junio 2026 1084 Visita(s)
SUBVENCIÓN PARA A MELLORA DA DIXITALIZACIÓN DA AUGA
O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO TRAMITA DÚAS SUBVENCIÓNS POR IMPORTE DE MÁIS DE 100.000€ PARA SEGUIR MELLORANDO NA DIXI... -
11 Junio 2026 921 Visita(s)
SALVATERRA CONVOCA UN ANO MÁIS AS AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL
Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño ven de convocar as axudas para a adquisición de libros e material escolar d...
O Obradoiro de Emprego Dual de Salvaterra de Miño vén de pechar un mes de outubro de intensa actividade e excelentes resultados formativos e operativos. Este programa mixto de formación e emprego desenvólvese grazas a unha subvención concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, cun investimento que ascende a máis de 454.000 euros para a execución do proxecto denominado “SALVATERRAEMPREGA V”.
A través deste importante investimento público, o alumnado-traballador adquire competencias profesionais de primeiro nivel que melloran de forma directa a súa inserción laboral no mercado técnico actual, mentres realiza obras e servizos que reverten na utilidade pública e no coidado ambiental de Salvaterra.
Xestión forestal sostible e innovación micolóxica en Monte Castelo
Na especialidade de Forestal, o foco prioritario ao longo de outubro estivo situado no Monte Castelo. O equipo levou a cabo tarefas estruturais de roza, limpeza e recollida de residuos en espazos de uso veciñal como as inmediacións da capela da Ascensión. Así mesmo, realizáronse rozas no souto de castiñeiros, preparando o terreo de cara a facilitar un aproveitamento multifuncional —tanto de castañas como de cogomelos— por parte dos veciños.
No apartado de control de especies invasoras, traballouse na eliminación de exemplares e brotes de eucalipto e acacias mediante técnicas silvícolas como o escachado e o tratamento con inxección de glifosato en burato, ademais de retirar Tradescantia en zona ripícola. Como aposta pola innovación técnica, completouse o proceso de inoculación de micelio de Pleurotus e Reishi en trozas de eucalipto, procedendo ao selado con cera para o seu desenvolvemento. Todos os restos vexetais retirados foron triturados no punto.
Embelecemento paisaxístico e mantemento dos espazos urbanos
A rama de Xardinería executou intervencións visibles destinadas a potenciar a calidade estética e funcional dos espazos públicos municipais. Durante o mes de outubro destacou a reorganización integral e a plantación na rotonda de entrada á Muralla, así como as tarefas de perfilado na rotonda do Carro. O alumnado tamén renovou o axardinado e abonado con flores de Cyclamen en xardineiras de gran afluencia, como as da praza do Concello e a contorna da Casa da Cultura.
As actuacións urbanas incluíron ademais a poda de arbustos na praza de Abastos, o recorte e control de altura de setos na rúa Miño, o control de herbas adventicias e a limpeza estrutural do estípite das palmeiras de zonas verdes. A formación práctica en aula e campo viuse reforzada co uso de medidores de pH para analizar os parámetros, estrutura e textura do solo, e coa posta en práctica de métodos avanzados de propagación como o enxerto, o esgallado, o acodado e o manexo de bandexas de alveolos.
Visitas técnicas a proxectos de referencia
Para complementar o temario e abrir novas perspectivas laborais e de emprendemento, o alumnado realizou enriquecedoras viaxes de estudo coordinadas con comunidades de montes da comarca de Gondomar:
• Comunidade de Montes de Vincios: Analizouse o modelo de aproveitamento produtivo e sostible do monte na serra do Galiñeiro, incluíndo proxectos de cultivo micolóxico de Shiitake, proxectos de roza biolóxica mediante pastoreo virtual con vaca cachena, e plantacións de frondosas autóctonas coma carballos e castaños.
• Comunidade de Montes de Couso: Coñeceuse de primeira man a restauración ambiental de antigas canteiras e vertedeiros reconvertidos en espazos comunitarios, as súas instalacións de produción de Shiitake feitas con castaño, e a recuperación tradicional de resina.
Con este intenso mes de traballo, o proxecto “SALVATERRAEMPREGA V” non só cumpre as expectativas formativas e de sustentabilidade fixadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, senón que consolida o compromiso de Salvaterra de Miño cunha xestión eficaz que combina o emprego verde co coidado do ben común.







































