Casa do Concello
Apoiando o noso comercio
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos
  4. COVID-19

ObrasO Concello de Salvaterra de Miño ven de adxudicar por un importe de máis de 100.000€ a pavimentación de viais no Polígono Industrial Chan da Ponte, en Salvaterra de Miño ,a través dunha subvención  concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para melloras de parques industriais.

Con esta acción o Grupo de Goberno  local quere realizar melloras no seu polígono, que a día de hoxe da traballo a máis de 500 persoas e que necesita unha obra de mellora nos seus viais. Por ese motivo o Concello acolleuse a orde da Xunta para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais de Galicia  que financiará a obra por un importe de 80.255,85, os outros 20.063,96€ cofináncianse a través do Plan Concellos.

O Polígono Industrial de Chan da Ponte, que se puxo en funcionamento no ano 1999,  conta con 275.000 metros cadrados de superficie e unha superficie neta industrial de 156.111 m2.  Os viais interiores teñen un nivel de deterioro severo, provocado polo intenso tráfico que circula por eles e o paso do tempo.

O proxecto recolle  a pavimentación de varios viais dentro do Polígono Industrial, viais que necesitan unha renovación na rodadura, xa que o firme existente encontrase deformado e nun estado de deterioro considerable. A actuación principal de pavimentación executarase mediante estendido e compactado dunha capa de rodadura de 5 cm de espesor de mestura bituminosa en quente tipo AC16 Surf 50/70D, ademais fresaranse zonas concretas nas que non se pode subir a cota actual do vial,  1860 m2 de fresado firme e máis de 8.600 m2 de capa de rodadura.

As obras teñen un prazo de execución de 1 mes.

Diciembre 2020
L M X J V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
covid 19
LogoRioNavegable
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORAL
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia