1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia ven de comunicar ao Concello de Salvaterra de Miño a concesión dunha subvención por un importe de máis de 454.000 euros para a realización do proxecto do Obradoiro dual de emprego denominado “SALVATERRAEMPREGA V” que dará emprego a 24 persoas, entre alumnos e equipo técnico.

Un Obradoiro cunha duración de 9 meses onde se formará a 20 persoas desempregadas nas especialidades formativas no ámbito forestal e de xardinería, unha liña na que ven traballando dende hai anos o Concello cun plan de traballo que está destinado a dar continuidade a posta en valor do parque forestal Monte Castelo, ubicado na parroquia de Pesqueiras, e no cal se está traballando a través dun convenio coa CCMM co fin de seguir mellorando o patrimonio cultural e patrimonial e reforzar un recurso turístico moi importante para o noso municipio.

E por outro lado a través das actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería farase un traballo de mellora en zonas verdes e parques ademais de executar labores de limpeza e desbroce de sendeiros municipais.

Unha acción enmarcada dentro das políticas activas de emprego que realiza o Concello e que ten como finalidade mellorar a ocupación e a formación das persoas desempregadas mediante a realización dun traballo efectivo, que xunto a formación que recibirán busca mellorar a súa cualificación profesional e favorecer a súa posterior inserción laboral.

O Obradoiro ten previsto iniciarse a principios de xuño, todos os interesados terán que inscribirse na Oficina de Emprego.

Obradoiro Emprego

Mayo 2026
L M X J V S D
27 28 29 30 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia