1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Recinto da Muralla de Salvaterra de Miño converterase o vindeiro venres 8 de agosto no epicentro da música remember coa celebración na oitava edición de "Imos de Guateque", unha cita organizada polo Concello de Salvaterra de Miño que cada verán reúne centos de persoas para revivir os grandes éxitos das décadas dos 60, 70, 80 e 90 nun ambiente único de festa, baile e diversión.

A programación desta edición estará protagonizada polo grupo El Último Guateque, que ofrecerá un espectáculo en directo no que soarán algunhas das cancións máis emblemáticas da historia do pop e o rock, facendo que o público volva cantar e bailar ao ritmo das melodías que marcaron varias xeracións.

Un dos grandes atractivos da noite será a actuación do Dreamteam, formado por dous nomes imprescindibles da historia da música dance en España: Toni Peret e Quique Tejada. Ambos acumulan máis de tres décadas de traxectoria profesional e convertéronse en auténticas referencias grazas á creación dalgúns dos megamixes máis exitosos do país, como as sagas Max Mix, Máquina Total, Bolero Mix, Ibiza Mix ou Lo + Duro, ademais de seren pioneiros na popularización da música dance a través da radio, as discográficas e as súas sesións. A súa carreira suma millóns de discos vendidos e converteunos nun referente para varias xeracións de afeccionados á música electrónica e de baile.

Durante a súa sesión, Dreamteam fará un auténtico percorrido polos himnos que marcaron as pistas de baile das décadas dos 80 e 90, combinando os clásicos máis recordados cun espectáculo cheo de ritmo, animación e interacción co público.

Como novidade desta edición, o Concello instalará unha plataforma de vídeo 360º, na que os asistentes poderán gravar vídeos espectaculares para levar un recordo diferente da festa e compartir a súa experiencia.

Ademais, ao longo da noite haberá sorteo entre o público caracterizado dunha viaxe a Benidorm, unha escapada de fin de semana e unha cea romántica.

Desde o Concello de Salvaterra de Miño animamos a todos e todas a participar nesta nova edición de "Imos de Guateque", unha proposta pensada para todas as idades.

Imos de Guateque 1Imos de Guateque 2Imos de Guateque 3

Agosto 2026
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31 1 2 3 4 5 6

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia