1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

25 02 26 Cartel Campus PascA inscrición, por orde de entrada no rexistro, comeza o día 3 e remata o 9 de marzo. Coa chegada da Semana Santa nos centros escolares moitas familias atópanse con grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar.

É por iso que o Concello de Salvaterra de Miño, como ven facendo durante xa varios anos, realiza dentro do seu programa de conciliación o Campus de Semana Santa.

Dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2014 e 2022 cun máximo de 40 prazas, levarase a cabo durante os días 30, 31 de marzo e 1 e 6 de abril na Casa Cultura de Salvaterra de Miño. O horario será de 09:00 a 14:00 horas coa posibilidade de aula matinal cun mínimo de 10 nen@s en horario de 07.30 a 9.00h. O prezo do campus é de 30 euros.

As solicitudes formalizaranse entre o 3 e o 9 de marzo ou ata esgotar prazas a través de sede electrónica (un rexistro por cada neno ou nena) ou ben por rexistro de entrada no Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas.

 

iconoPDFINSCRICIÓN AO CAMPUS

 

iconoPDFBASES E CONVOCATORIA

Febrero 2026
L M X J V S D
26 27 28 29 30 31 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 1

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia