1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Concello de Salvaterra de Miño e AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias) poñen en marchar o programa "Cultiva a mente", iniciativa destinada á prevención do deterioro cognitivo que se desenvolvese en colaboración coa Xunta de Galicia, a través do departamento de Política Social. Dirixido a persoas maiores de 55 anos, o equipo especializado traballa en aspectos fundamentais como obxectivo xeral previr o deterioro cognitivo a través da promoción dun estilo de vida activo e saudable, en liña coas recomendacións da Organización Mundial da Saúde. Entre os seus obxectivos específicos destacan mellorar as capacidades cognitivas, promover hábitos saudables, favorecer o benestar emocional, estimular a aprendizaxe continua e crear espazos de conexión social que axuden a combater a soidade non desexada. “Cultiva a Mente” desenvolverase na Casa do Maior de Leirado a partir de abril de 2026, con sesións semanais, nas que se traballará a estimulación cognitiva, os consellos para o coidado do cerebro e o fomento da socialización e das emocións positivas. Con esta iniciativa, as entidades implicadas reforzan o seu compromiso coa prevención das demencias e coa mellora da calidade de vida das persoas maiores no ámbito rural, achegando recursos especializados á contorna máis próxima da cidadanía. As persoas interesadas poden inscribirse no programa a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben no teléfono 617189167.

Cultiva a Mente Salvaterra

Abril 2026
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

 

 PlanAntifraudeConcello

Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
 
Deputacion2
SedeCatastro
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia